Homesociedade230.000 euros para mellorar dúas estradas que pasan por Paradela, Baralla e...

230.000 euros para mellorar dúas estradas que pasan por Paradela, Baralla e Láncara

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou o venres 3 de maio dúas novas obras para mellorar a rede de estradas provinciais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Voceira socialista da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, concretou que o Executivo acordou licitar unha obra por 105.000 € para mellorar un tramo de algo máis de 3 quilómetros na LU-P-5709, que é a estrada que conecta no concello de Paradela a parroquia de Santa María de Vilamaior coa de Castro de Rei Lemos. Explicou tamén que estes traballos –que afectan ao treito comprendido entre os puntos quilométricos 10,760 e o 13,875 e que terán un prazo de execución de 2 meses– consistirán na reapertura de cunetas, na reparación dos afundimentos e outros desperfectos da vía, na repavimentación e na reposición da sinalización vertical.

“Trátase dunha actuación importante porque esta estrada, situada entre os concellos de Sarria e Paradela, conecta a comarca sarriá coa da Ribeira Sacra e une dúas estradas autonómicas, a LU-633 e a LU-611”, valorou García Porto.

A Xunta de Goberno tamén acordou a licitación, por 130.000€, uns traballos para o arranxo de máis de 10 quilómetros da LU-P-0503, que é a estrada provincial que conecta Baralla e Láncara. Tal e como explicou a Voceira socialista, estas obras –que afectan á práctica totalidade da vía, dende o seu inicio ata o punto quilométrico 10,500 e terán un prazo de execución de 3 meses– consistirán na reapertura de cunetas, na reparación de afundimentos e na repavimentación.

García Porto destacou que “esta estrada dá servizo directo ás parroquias de Aranza, Santa María de Pol e Vale; tamén a varias empresas madeireiras e une Baralla coa autonómica que conecta Sarria e Becerreá”.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte ofrece os seus votos ao PSOE para facilitar a saída de José Tomé e un goberno alternativo

A voceira popular, Katy Varela, amosou o seu asombro ante a actitude de normalidade...

A Casa da Cultura de Chantada acolle unha exposición de Maquetas Modernistas, homenaxe a Rodolfo Ucha Piñeiro

Macías, nado en Ferrol no 1949 e vinculado á construción naval, cando se xubila...

O Concurso de Proxectos Empresarais Semente Ribeira Sacra comeza o seu Bono de Asesoramento

Na edición número XI do pasado ano, aos premios económicos que reciben os tres...

A número 2 do PPdeG carga contra BNG, PSdeG e Tomé: “Ten que dimitir”

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, esixiu este mércores"responsabilidades políticas, implacables e sen...