Homesociedade'Ruta Castrexa': moteiras e moteiros de todo o estado percorrendo Lugo Sur

‘Ruta Castrexa’: moteiras e moteiros de todo o estado percorrendo Lugo Sur

Trátase dunha proba de mototurismo que terá lugar o 11 de maio e está organizada pola Asociación Motorista Lucense coa colaboración das áreas de Deportes e Turismo da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Moteiras e moteiros de todo o estado participarán o sábado 11 de maio na bautizada como “Ruta Castrexa”, unha proba de mototurismo organizada pola Asociación Motorista Lucense coa colaboración das áreas de Deportes e Turismo da Deputación de Lugo.

Na proba, que puntúa para a Copa de España de Mototurismo, as moteiras e moteiros teñen que completar un percorrido de 336 quilómetros polas comarcas da Ulloa, Terras de Lemos e Ribeira Sacra. Os participantes poden escoller o itinerario máis axeitado para as súas características de condución, pasando polos controis de paso indicados pola organización nos que teñen que parar e selar os seus pasaportes de ruta: Ventas de Narón (Portomarín), Palas de Rei, Antas de Ulla, Limiñón (Chantada), Ribas de Sil, Augas Santas (Pantón), Becerreá e Lugo, que será punto de saída e chegada.

Na presentación da proba, na Praza de San Marcos, o vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro valorou “o traballo realizado pola Asociación Motorista Lucense para a consolidación desta proba, que apoiamos desde a súa posta en marcha hai catro anos” e destacou “as sinerxias entre deporte e turismo, especialmente en modalidades como o mototurismo, unha disciplina en auxe que, con esta proba, proxecta o patrimonio natural e cultural das comarcas do sur de Lugo a través da experiencia de moteiras e moteiros de todo o Estado”.

No acto tamén participaron os representantes da entidade organizadora, Aurelio Nóvoa e Mónica Lopez, e o deputado de Promoción Económica e Social Pablo Rivera.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...