HomesociedadeA deputada socialista Lara Méndez preocúpase pola viticultura tradicional da Ribeira Sacra

A deputada socialista Lara Méndez preocúpase pola viticultura tradicional da Ribeira Sacra

Visitou este luns 6 de maio Monforte e a Adega Algueira, en Doade, para interesarse polo sector e pedir "unha maior implicación" por parte da Xunta coa zona, especialmente agora que opta á distinción de patrimonio mundial da Unesco.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A viceportavoz do Grupo Socialista, Lara Méndez, reclamou este luns 6 de maio axudas económicas por parte da Xunta á viticultura tradicional da Ribeira Sacra, criticando a falta destes apoios “a pesar da súa singularidade” e a que “a orografía tan complexa na que se desenvolve incrementa os custos de produción”.

Durante unha visita ao Concello de Monforte e á Adega Algueira, en Doade, a deputada autonómica reivindicou “unha maior implicación” por parte da Xunta coa zona, especialmente agora que opta á distinción de patrimonio mundial da Unesco.

Neste marco, Lara Méndez avanzou o contido da iniciativa que o Grupo Socialista levará á Comisión de Agricultura do Parlamento, onde preguntará se a Xunta “vai dedicar unha liña de axudas específicas para contribuír a dinamizar a viticultura tradicional, a tamén denominada viticultura heroica”.

A socialista lembrou que noutras comunidades, como Canarias, existen ese tipo de subvencións, “que van dos 2.310 aos 2.530 euros por hectárea”, e que en rexións como Aosta (Italia) ou Azores (Portugal) téñense en conta desde a Administración as condicións peculiares das viticulturas extremas. “Iso tamén se pode facer desde a Xunta”, asegurou.

Na comisión, segundo traslada o Grupo Socialista, preguntarase tamén polo recoñecemento de novas parcelas, se hai previstas medidas para formación e captación de persoal cualificado, e se a Xunta traballa nunha estratexia de impulso a novas canles de comercialización da denominación de orixe.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...