HomesociedadeAberto o prazo para participar no programa 'Coñece a túa provincia'

Aberto o prazo para participar no programa ‘Coñece a túa provincia’

A Deputación de Lugo manterá aberto ata o día 23 de maio o prazo de presentación de solicitudes para participar nunha nova edición do programa de viaxes gratuítas pola provincia para entidades sen ánimo de lucro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Boletín Oficial da Provincia publicaba o pasado 9 de maio as bases da convocatoria desta tempada do 2024, durante a que a Deputación ofrecerá un máximo de 1.840 prazas.

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, explica que o Coñece a túa provincia “ten como obxectivo fomentar o turismo de proximidade entre os veciños e veciñas, e seguir avanzando cara un modelo de turismo sostible e desestacionalizado, con capacidade para atraer visitantes ao longo do ano”. E engadía que “moitas veces viaxamos moi lonxe a outras rexións ou países, que tamén está moi ben, pero descoñecemos recursos fantásticos que temos a media hora da nosa casa. A nosa provincia é moi diversa e rica en patrimonio natural e patrimonial, e este programa contribúe a potenciar ese coñecemento polos propios lucenses”

QUEN SE PODE BENEFICIAR DESTA INICIATIVA?

O Coñece a túa Provincia está dirixido a todas as entidades sen ánimo de lucro legalmente constituídas con sede na provincia de Lugo.  Deben presentar unha única solicitude, que poden enviar vía telemática a través da sede electrónica da Deputación; entregala no Rexistro da Deputación previa cita telefónica; en calquera dos rexistros que menciona a Lei de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas; ou tamén nas oficinas de Correos. A orde de prelación da listaxe de entidades admitidas establecerase conforme á de presentación das solicitudes no correspondente rexistro, segundo data e hora que figure na documentación, ata esgotar as prazas dispoñibles. A relación de entidades admitidas e en lista de agarda, se a houbera, publicarase no BOP.

A excursión concedida a cada entidade beneficiaria do programa incluirá o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, servizo de guía oficial de turismo e as entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo.

En cada viaxe poderán participar un máximo de 23 persoas e un mínimo de 15. Estas visitas serán realizadas por profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e polo persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.

ITINERARIOS

As asociacións poden elixir entre un total de 44 itinerarios polo patrimonio natural, histórico, cultural e gastronómico de toda a provincia de Lugo. As visitas comezarán da Deputación de Lugo e logo xa parten ao lugares incluídos na viaxe. Respecto dos itinerarios:

12 son pola comarca da Mariña, que inclúen lugares naturais como a Praia das Catedrais, o Pozo da Onza ou o litoral focense, pero tamén recursos patrimoniais como a fábrica de Sargadelos, o castelo de Castrodouro ou a Catedral de Mondoñedo.

11 rutas son pola Ribeira Sacra. Neste caso, as alternativas permiten visitar concellos como Monforte de Lemos, Bóveda, Pantón, Sober ou A Pobra do Brollón, entre outros. Tamén, algunhas das igrexas incluídas na Ruta Transrománica, da que forma parte a Deputación de Lugo.

8 itinerarios pasan pola zona de Ancares-Courel, e achegarán aos participantes ás Terras de Burón e ao Camiño Francés na comarca de Sarria.

As 13 rutas restantes percorren as comarcas de Lugo e Terra Chá. As visitas inclúen lugares como o Castro de Amarante, a igrexa de Soutomerille ou o Castro de Viladonga, ademais do centro histórico da cidade de Lugo.

ÚLTIMAS

Graduación de 2º de Bacharelato do IES A Pinguela

O IES A Pinguela celebrou un animado acto de graduación no que 53 alumnos...

Ferran Centelles: “Delicadeza é o que falta historicamente en España e a Ribeira Sacra ten o potencial de ofrecer eses viños”

Esta cata forma parte dos esforzos da Denominación de Orixe Ribeira Sacra para destacar...

O IES A Pinguela, único instituto de Galicia con FP de calzado e complementos de moda

Do encontro participou o profesorado do IES A Pinguela con empresarios monfortinos do sector...

O 30 de xuño o colexio de Sober celebra o 50 aniversario cun xantar de confraternidade

Ao longo deste medio século de vida teñen pasado polo centro máis de 1.270...