HomesociedadeGraduación de 2º de Bacharelato do IES A Pinguela

Graduación de 2º de Bacharelato do IES A Pinguela

O alumnado de Bacharelato 2022/2024 deste centro monfortino vén de celebralo nun acto que tivo lugar no edificio Multiusos da cidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O IES A Pinguela celebrou un animado acto de graduación no que 53 alumnos foron os/as protagonistas. Ademais das intervencións clásicas houbo festa, interpretación coa marimba de Laura e Aarón, e unha nota de humor que puxo Valentina…

As lembranzas deste percorrido de dous cursos puxéronos os alumnos/as e profesores/as participantes, pero tamén unha peza audiovisual con imaxes do seu paso polo instituto. Posteriormente, cada graduado e graduada recibiu a correspondente banda, orla e recordos da súa experiencia destes anos no centro monfortino.

Guiaron o acto a exalumna Noa Díaz Quintián, e o alumno de 1º de Bacharelato, Daniel Pombo; participando tamén o profesor e antiguo alumno Jacob Saa, que recordou o seu paso polas aulas. O remate contou coa intervención do director do Instituto, Enrique Sampil, quen animou ao alumnado graduado a seguir formándose e a traballar no seu futuro; e cunha emotiva actuación musical a cargo de Eva, Nuria e Julia.

Intervención do Director, Enrique Sampil. Foto: IES A Pinguela.
Actuación musical. Foto: IES A Pinguela.

A graduación tivo, despois do acto no Multiusos, continuidade cunha cea de confraternidade.

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...