Homesociedade107 desempregados menos en Lugo Sur no mes de abril

107 desempregados menos en Lugo Sur no mes de abril

Os bos datos de paro a nivel estatal e autonómico tamén se reflectiron no sur provincial. A Comarca de Lemos foi a máis favorecida.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO. de Lugo pasou días atrás os datos do paro de abril nas comarcas do sur de Lugo, datos que trasladamos aquí no que respecta ás comarcas que cubre informativamente Xornal de Lemos: Sarria, Lemos, Chantada e Quiroga.

A valoración é moi positiva pois baixouse o paro en 107 persoas. Por comarcas, a máis favorecida foi Lemos, con 50 desempregadas/os menos; seguíronlle Sarria con 28, Chantada con 19, e Quiroga con 10.

POR CONCELLOS

COMARCA DE LEMOS

Queda con 1302 desempregadas/os, sendo a distribución por concellos a seguinte: Bóveda queda con 43 parados/as; Monforte con 912 (-39), Pantón 82 (-11), A Pobra do Brollón 65 (-2), O Saviñao 131 (-3), Sober 69 (+5).

COMARCA DE SARRIA

Queda con 760 desempregadas/os, e coa distribución seguinte por concellos: O Incio 30 (-2), Láncara 78 (-8), Paradela 19 (+2), O Páramo 23 (+2), Samos 32 (+2), Sarria 561 (-28), e Triacastela 17 (+4).

COMARCA DE CHANTADA

Queda con 507 parados/as, distribuídos por concellos cos seguintes datos por municipios: Carballedo 59 (+2), Chantada 364 (-14), e Taboada 84 (-7).

COMARCA DE QUIROGA

Neste mes de abril suma 226 paradas/os. Por concellos: Ribas de Sil 40 (-8), Folgoso do Courel 41 (-2), e Quiroga queda sen variación en abril.

Dende o CC.OO. Lugo amosan satisfacción polos datos e reiteran a necesidade de que se aumente o persoal de inspectores para rematar con prácticas fraudulentas que entenden se dan no Sur de Lugo. Falan, por exemplo, de “despidos en periodo de proba” no agro e no sector servizos, e de “xornadas maratonianas de 12 e 14 horas incumprindo fragantemente o rexistro horario”.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...