HomesociedadeCharla sobre o conflito palestino este 15 de maio na Pobra do...

Charla sobre o conflito palestino este 15 de maio na Pobra do Brollón

A charla terá lugar este mércores, 15 de maio, ás 20:30h na Casa da Cultura ‘Olga Novo’,

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello da Pobra do Brollón organiza unha charla sobre o conflito entre Gaza e
Israel, coincidindo co 15 de maio, aniversario da Nakba.

Co termo Nakba, “catástrofe” ou “desastre” en árabe, é coñecido o éxodo palestino de
1948 tras a expulsión forzada de máis 700.000 persoas, moitas das cales refuxiáronse
en Gaza.

A charla correrá por conta de Óscar Valadares, especialista en Oriente Medio e portavoz de Mar de Lumes. Na súa intervención Valadares contextualizará e explicará o conflito dende a Nakba ata a actual invasión de Rafah na Franxa de Gaza. Tras a charla, procederase a ler un manifesto diante da Casa do Concello en condena da invasión e en solidariedade co pobo palestino.

ÚLTIMAS

OPINIÓN:“Un saquiño de desexos nas costas do Apalpador para o 2026”        

Nun Nadal cada vez máis celebrado como estratexia capitalista fronte ao nacemento da vida,...

Estradas afectadas por acumulacións de neve na provincia

As vias máis afectadas -con acumulacións de neve entre os 10 e os 20...

Premio Extraordinario de FP da familia de Administración para un alumno da Pinguela

A Xunta de Galicia vén de entregar os premios aos mellores resultados académicos. Un...