HomesociedadeXornada técnica sobre a vespa velutina este 18 de maio en Carballedo

Xornada técnica sobre a vespa velutina este 18 de maio en Carballedo

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achegará este sábado, 18 de maio, a Carballedo a xornada técnica “Convives ou combates. Ti elixes!” contra a vespa velutina. A Asociación Galega de Apicultura (AGA) organiza esta actividade, que se celebrará na oficina de turismo da localidade ás 18 horas, co apoio da área de Rural da entidade provincial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na charla, a cargo de persoal da Asociación Galega de Apicultura, explícase o ciclo da vespa velutina, necesario para entender o funcionamento das trampas xa que se instalan no período no que a raíña traballa soa para construír o niño. Posteriormente faise un repaso pola eficiencia das trampas e a súa elaboración, coidados e mantementos.

Dende a entidade explicarán como elaborar a mestura máis eficiente ou onde colocalas, normalmente en especies florais de máxima atracción para as velutinas. Os asistentes coñecerán tamén o momento no que é necesario a súa retirada e o proceso do pico de capturas desta especie.

As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades deben enviar un correo electrónico a info@apiculturagalega.gal para inscribirse de balde. A actividade forma parte dun programa que xa se achegou a Barreiros, Lugo e Samos.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...