HomesociedadePróximas xuntanzas das Comunidades de Aprendizaxe “Montes de Saberes”

Próximas xuntanzas das Comunidades de Aprendizaxe “Montes de Saberes”

Nestas próximas semanas vanse realizar diferentes Xuntanzas das Comunidades de Aprendizaxe “Montes de Saberes” nas comarcas de Terras de Lemos e Chantada no marco do proxecto Comunidades de Aprendizaxe Rurais Sostibles de Galicia cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus e Fundación MAPFRE.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nestes encontros debaterase e realizarase unha folla de roteiro para que as Comunidades de montes da zona teñan unha referencia de funcionabilidade e potenciación dos seus recursos e, desta forma, axudar ao posicionamento e fixación da poboación, persoas emprendedoras e empresas no territorio.

As datas e os lugares onde se van a realizar as xuntanzas son os seguintes:

  • Martes, 21 de maio de 18.00 a 20.00 horas no Salón de Actos do Concello da Pobra do Brollón
  • Martes, 28 de maio de 18.00 a 20.00 horas na Casa da Cultura do Concello de Taboada
  • Martes, 04 de xuño de 18.00 a 20.00 horas na Casa da Cultura do Concello de Sober

Está convidada toda a cidadanía e persoas especialistas que queiran compartir os seus coñecementos, experiencia e ganas de realizar actuacións dentro dunha Comunidade de montes. Este proxecto vai realizar varias xuntanzas participativas nas que poder mostrar a diversidade de opcións e viabilidade económica das mesmas. Para iso, en cada xuntanza convidarase a asesorías/consultoras forestais, casos de éxito e funcionabilidades posibles do monte común.

“Montes de Saberes” Chantada / Acción contra el hambre

A anterior cita tivo lugar en Chantada, baixo o título “A profesionalización do turismo. Sinerxías e diálogos para o futuro do sector“. Iniciou a xornada a xerente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Alexandra Seara Sobrino, quen expuxo os desafíos, retos e potencialidades de todo o territorio, enfocándose nos proxectos sostibles que se están levando a cabo dende o Consorcio. Destacou o enfoque cara a competitividade do sector apostando pola certificación Q de Calidade Turística, así como polos manuais de boas prácticas realizados, e a constante aposta polos ciclos formativos e titorías específicas para que as persoas emprendedoras do sector poidan verse acompañadas en todo o proceso de implantación, mellora e/ou potenciación dos seus negocios.

Búscase validar o territorio cun plan de sostibilidade que agrupe a todos os sectores da zona: agrogandeiro, paisaxístico, cultural, etc., ampliando e fomentando unha oferta de restauración de calidade e servizo excelente. Apóstase pola xeración de experiencias / espazos que chamen a atención e interese do/a visitante, facéndoo/a disfrutar deste territorio máxico

ÚLTIMAS

Este 18 de agosto desde as 20:30 celébrase no Pavillón Municipal de Chantada o I Torneo de Fútbol Sala Terras do Asma

O Torneo que se disputará este martes, 18 de agosto desde as 20:30h no...

Quiroga mellora o local social cunha axuda do Leader

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, destinou 13.400 euros...

Entrega de trofeos do Torneo de Golf Concello de Monforte

O Club Deportivo Río Cabe Golf foi o encargado de organizar este evento, que...

Festas en Santa Cruz de Brosmos e concerto de Carlos Núñez no Pazo de Sober

Os días 22 e 23 de agosto, a parroquia soberina de Santa Cruz de...