HomesociedadeII Festa dos empresarios e comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel

II Festa dos empresarios e comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel

O evento será este sábado 25 de maio, diante do Concello de Ribas de Sil, e está organizado pola Asociación de empresarios e comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel. 

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación de empresarios e comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel, que reúne empresarios e comerciantes do territorio que abrangue os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil, celebra este sábado 25 de maio unha festa na localidade de San Clodio. Será o segundo encontro deste tipo que organizan co fin de dinamizar o territorio e vivir unha xornada de confraternidade veciñal.

PROGRAMA

As actividades comezarán pola tarde, tendo lugar ás 16:00 horas unha charla sobre o Xeoparque e a actividade empresarial no salón de actos do Concello de Ribas de Sil.

A continuación, ás 17:00 horas, desenvolverase un torneo de Chave previa inscrición dende as 16:00 h. Terá lugar na Praza do Concello e haberá trofeos para os/as tres primeiros/as clasificados/as.

Para a cativada están programados xogos populares a partir das 17:00 h. e ás 19:00 horas unha interesante actividade que consistirá nunha ‘cata de aromas’.

A partir xa das 20:00 horas está programada unha cata de viños a cargo de Pablo González da Adega EDV. No evento colaboran tamén as adegas Val de Quiroga, Lar de Ricobao e Casa de Outeiro.

E xa como fin de festa, a partir das 21:00 horas haberá pancetada e biscoito de balde para os asistentes con actuacións musicais a cargo do cantante quirogués Julio Ferrín e o coñecido DJ Míchel.

Cartel tipo das actuacións de Julio Ferrín

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...