Homesociedade'Diabetes, alimentación e saúde mental': curso no Hospital de Monforte

‘Diabetes, alimentación e saúde mental’: curso no Hospital de Monforte

Está organizado pola entidade Albores Saúde Mental, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, e será o 27 de maio no salón multiusos do Hospital monfortino. A formación transcorrerá entre as 16:30 e as 20:30 h.

Publicado o

- Advertisement -
Dende marzo a asociación Albores Saúde Mental está realizando, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, un ciclo de charlas-cursos sobre saúde baixo o título: “A túa Mente Importa: Escola de Saúde Mental “

A intención destas formacións divulgativas é achegar á cidadanía información sobre o autocoidado e a súa relación coa saúde mental.

Este luns, 27 de maio, terá lugar o curso “Diabetes, alimentación e saúde mental” e correrá a cargo de Sandra Amido, Enfermeira con experiencia en endocrinoloxía. Realizarase no salón multiusos do Hospital de Monforte entre as 16:30 e as 20:30 h.

Para poder asistir é precisa a inscrición directamente na web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns ou contactando con Albores no teléfono 982 40 49 68.

CONTIDOS E OBXECTIVOS DO CURSO

Que é a diabetes. A alimentación e o concepto de ración, así como coñecer o que se coñece por pirámide da alimentación. Identificar grupos de alimentos, especialmente os ricos en hidratos de carbono – Proteínas – Graxas (de orixe animal e vexetal), e coñecer a equivalenciaa ou intercambios dos mesmos.

Tamén se ofrecerá información sobre o control das glicemias, as hipoglucemias; e tamén sobre os coidados dos pés.

Entre os obxectivos desta formación están mellorar a información e comprensión da enfermidade por parte dos pacientes, familiares e cidadáns en xeral; así como proporcionar aos coidadores, familiares e pacientes, as habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida no ámbito familiar.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...