HomesociedadeBóveda saca a concurso o cartel anunciador da XX Feira Outrora

Bóveda saca a concurso o cartel anunciador da XX Feira Outrora

O prazo para presentar propostas creativas remata o 20 de xuño e o premio en xogo son 400 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Bóveda fixo públicas as bases de participación para concursar no ‘X Concurso de Carteis’, un certame que ten como obxectivo escoller a imaxe gráfica da XX Feira Outrora 2024.

O tema, como non podía ser doutro xeito, ten que representar a filosofía desta celebración, que non é outra que recrear un mercado tradicional galego dos que se facían dende finais do século XIX e ata mediados do XX.

As obras deben ser inéditas e os autores nunca vencellados coa organización nin familiares destas en primeiro grao. Os/as menores de 16 anos poderán participar con autorización das persoas responsables deles (pai, nai, titor ou titora).

O cartel debe conter o seguinte texto: XX Feira “Outrora”. Rubián. Bóveda. 14 de xullo de 2024. E o tamaño do orixinal será de 42 x 59 centímetros en posición vertical.

Outrora 2023 cartel / Concello de Bóveda
PRESENTACIÓN E ENTREGA

A entrega dos deseños, sen sinatura de autor/a, pode facerse en persoa no rexistro do Concello de Bóveda ou por correo electrónico ( cultura@concellodeboveda.com ), sendo a data límite o 20 de xuño de 2024.

A técnica será libre e no caso de entregar obras en formato dixital facelo en formato JPG e PDF a 300 ppp de resolución.

O premio para o gañador ou gañadora será de 400 euros e todas as obras presentadas pasarán a ser propiedade do Concello de Bóveda polo feito de participar. Tamén poderán ser obxecto de exposición ou reprodución sen xerarse ningún tipo de contraprestación. O Concello de Bóveda tamén se reserva sobre o cartel gañador o dereito a reproducilo e a difundilo polos medios de publicidade que estime oportuno, utilizando a imaxe completa ou parte dela para realizar material relacionado coa feira (dípticos, camisetas, etc). Ademais, o concello resérvase a posibilidade de realizar calquera modificación no cartel gañador, sempre que iso non supoña alteración esencial do mesmo.

As BASES completas están anunciadas no Concello e na súa páxina de Facebook.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...