HomesociedadeAs oportunidades das Comunidades de Montes a debate, este 28 de maio...

As oportunidades das Comunidades de Montes a debate, este 28 de maio en Taboada

Este 28 de maio celebrarase unha nova xuntanza de “Montes de Saberes”, comunidade de aprendizaxe sobre Comunidades de Montes Veciñais e en Man Común. Neste caso a cita será na Casa da cultura de Taboada a partir das 18:00h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No encontro de Taboada analizaranse as oportunidades que teñen as Comunidades de Montes para a xeración de riqueza e creación de postos de traballo a través da multifuncionalidade do monte.

Estarán presentes, entre outros, os representantes do Colectivo La Brava (servizos forestais e agrarios), un representante de Foresga (Clúster de Biomasa de Galicia), e Francisco J. Domínguez, resineiro e formador.

A anterior xuntanza foi na Pobra do Brollón. Alí quedou en evidencia a necesidade das Comunidades de montes de unir forzas para solucionar o despoboamento que vén sufrindo o territorio e que se transformen no vehículo que xere ingresos económicos mediante unha xestión adecuada de recursos que permita ofrecer á súa poboación a posibilidade de establecerse de maneira continuada.

Expuxéronse os desafíos que hai por diante coa mentalidade positiva de buscar solucións que fomenten a súa rexeneración. Coñeceuse a lexislación e normativas necesarias para a súa correcta xestión e analizáronse Comunidades de montes exitosas que conseguiron florecer e contratar persoas que xestionen os seus montes, fixando poboación. Falouse da posibilidade de realizar formación de resinero como opción profesional rural, dado que a resina é un produto moi demandado actualmente e que ten moitas posibilidades de crecemento e desenvolvemento nesta zona.

ÚLTIMAS

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...

O novo episodio de “Folcast” ten como protagonista a Terra de Lemos

O novo episodio de "Folcast" conta coa condución de Xosé Gago e Vanesa de...