Homesociedade80.000€ para mellorar a estrada provincial entre Pacios e Currelos por Aldosende...

80.000€ para mellorar a estrada provincial entre Pacios e Currelos por Aldosende en Paradela

Trátase da LU-P-4202, entre Pacios e Currelos por Aldosende, entre os puntos quilométricos 3,5 e 5, cun investimento de case 80.000€. Os traballos consistirán na drenaxe, a pavimentación e a sinalización. O prazo de execución é dun mes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial acordou este venres obras para renovar catro estradas provinciais ao seu paso por Friol, Outeiro de Rei, Begonte, Cospeito, Lugo, Guntín e Paradela, ademais de adxudicar por 1,2M€ os traballos de desbroce en 34 concellos da provincia

No caso de Paradela o proxecto que quedou adxudicado consiste na renovación dunha estrada provincial ao seu paso polo termo municipal de Paradela. Trátase da LU-P-4202, cun prazo de execución dun mes.

A Xunta de Goberno tamén deu o visto bo á adxudicación, por máis 1,2 millóns de euros, dos traballos de desbroce de estradas provinciais ao seu paso por 34 concellos.

En concreto, trátase das tarefas correspondentes con 11 lotes do contrato, que son os que afectan aos concellos do Vicedo, Viveiro, Xove, Ourol, Barreiros, Ribadeo, Trabada, Lourenzá, Mondoñedo, Abadín, Cospeito, Rábade, Outeiro de Rei, Guitiriz, Begonte, Baleira, Baralla, Láncara, Becerreá, As Nogais, Cervantes, Pedrafita do Cebreiro, Antas de Ulla, Monterroso, Portomarín, Palas de Rei, O Páramo, Paradela, Sarria, Bóveda, A Pobra do Brollón, Monforte de Lemos, Pantón e Sober.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...