HomesociedadeDo 4 ao 7 de xuño renovarase o chan do parque da...

Do 4 ao 7 de xuño renovarase o chan do parque da Compañía

Este martes 4 de xuño darán comezo os traballos de reposición do chan de caucho do Parque da Compañía, naquelas zonas en que este chan está máis deteriorado. A previsión é que as obras de mellora duren ata o venres 7 de xuño, e que o Parque poida estar plenamente operativo antes da fin de semana.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os traballos serán asumidos e costeados pola empresa, Calfensa Proyectos, que levou a cabo a renovación do Parque, a principios de 2021, pois entran dentro da garantía constituída para tal fin. En concreto, as actuacións consistirán na reposición da capa de cor (EPDM) do pavimento de caucho naqueles puntos onde está máis deteriorado.

Actuarase na entrada da rampla da tirolina, en todo o chan onde se sitúa o columpio-cesta, na zona do trampolín, na zona de cor azul do xogo múltiple Dragón, así como na zona do xogo de escalada. Tamén serán levadas a cabo pequenas correccións do chan de caucho en outros sitios puntuais do Parque onde sexa necesario actuar.

“Os traballos desenvolveranse actuando en cada unha das zonas que necesitan a substitución do chan deteriorado e non suporán o peche total do Parque, senón que se irá pechando por partes, a medida que se actúe en cada zona”, explica o Alcalde “para non prexudicar os moitos usuarios cos que conta este Parque, un dos máis utilizados da cidade, especialmente agora que volve o bo tempo”. 

O parque infantil da Compañía foi completamente renovado e ampliado a principios do ano 2021, cun investimento de máis de 145.000 euros, sendo a súa financiación, na súa totalidade, con fondos municipais.

A zona de xogos do Parque Infantil da Compañía conta con elementos inclusivos e adaptados (4 paneis inclusivos), dous columpios, un saltador, 4 asentos para columpios, unha tirolina, que é unha das principais atraccións do parque, un xogo inclusivo múltiple, un trampolín, un xogo múltiple Dragón ou xogo inclusivo para nenos e nenas a partir dun ano.

ÚLTIMAS

O (Re)encontro: entrando na Xeración Lugo da Rede Museística e nun modelo de xestión que democratiza a cultura e o acceso a ela

A xerente da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL), Encarna Lago, advirte ao respecto...

Extinguido o incendio forestal de Cangas, en Pantón

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello de...

Chantada presume de espazos verdes para revalidar título no certame Vilas en Flor

O 14 de novembro celébrase en Carballo a entrega destes recoñecementos e o Concello...

“Un fío para saír do labirinto” este 20 de outubro no Museo Pazo de Tor

O teatro, máis aló dos escenarios, é unha poderosa ferramenta para o benestar. Este...