HomesociedadeO Colexio dos Escolapios conmemora o 150 aniversario e o Club Arenas...

O Colexio dos Escolapios conmemora o 150 aniversario e o Club Arenas celebra centenario

A celebración do Colexio dos Escolapios rematou cunha comida conmemorativa do 150 aniversario da presenza dos Pais Escolapios en Monforte de Lemos. Tivo lugar no Claustro do histórico edificio de Nosa Señora da Antiga, tamén coñecido como o Escorial Galego.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, participou nos actos con motivo do 150 aniversario do Colexio dos Escolapios de Monforte.

No acto estivo acompañado polo Padre, Javier Agudo García, a directora deste centro educativo, Estefanía López López, o anterior director e profesor, Pablo Blanco Losada, así coma outros docentes e autoridades.

Tamén este sábado desenvolvéronse os actos de conmemoración do centenario do Club Arenas. Tomé Roca estivo acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada e polo concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán,

O rexedor monfortino acudiu ó inicio do partido homenaxe que se disputou dende as 11:30 horas no campo municipal de fútbol Luis Bodegas, no que se enfrontaron ex-xogadores do club distribuídos en 2 equipos, “Arenas Legends” e “Arenas e Amigos”. En total, inscribíronse para este partido homenaxe 130 ex-xogadores deste histórico Club.

Na súa intervención antes do saque de honra, o Alcalde, manifestou o seu apoio para que o Club Arenas poida volver a recuperarse e participar de novo en competicións, xa que actualmente non conta con equipos en activo. O rexedor monfortino manifestou que, “si o Club Arenas volve a competir, contará coa axuda do Concello, nas mesmas condicións que o resto de clubs deportivos da cidade”.

O saque de honra foi efectuado polo Alcalde e polo histórico presidente do Club Arenas, Manolo Rodríguez. Cada equipo xogou cunha camiseta conmemorativa dos 100 anos do Club, un xogou de negro e o outro de amarelo. Celebrouse comida de confraternidade, e a Capela de Carude acolleu unha exposición de fotos antigas do Club. Organizaron os actos, veciños do barrio de Carude, coa colaboración do Concello de Monforte.

100 aniversario Club Arenas / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...