Homesociedade"O Courel destino e futuro" este 7 de xuño na casa da...

“O Courel destino e futuro” este 7 de xuño na casa da cultura de Quiroga

Unha maioría de mulleres profesionais expertas con experiencia acreditada en plans de rehabilitación e fixación de poboación no Medio Rural intervirán nesta xornada que comezará ás 10.00 horas na Casa da Cultura de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Profesionais das AAPP como María del Carmen Limia Fernández- actual Secretaria Interventora do Concello de Nogueira de Ramuín, expoñerá as súas experiencias de fixación de poboación aos territorios rurais, co seu labor como Secretaria do Plan de Sustentabilidade Turística Ribeiro e como Redactora do Plan Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade.

A Xornada será aberta pola arquitecta, Paula Feijoo Calviño do estudo Urba + e responsable da análise de situación e do inventario arquitectónico do patrimonio e as dificultades para afrontar novas construcións e fixar poboación dentro do proxecto de rehabilitación para os concellos do Courel, Quiroga, Ribas de Sil, Folgoso de Courel, tratando de ver as normativas e posibles axudas desde as AAPP para revitalizar O Courel.

A intervención da Xefa do Servizo de Urbanismo de Lugo- Patricia Vázquez Mille da Conselleria de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, incidirá na Planificación á que está sometido O Courel e as normativas de construción e rehabilitación en chan rustico.

A Xornada completarase con outras experiencias de éxito como ALDEALISTA para fixar poboación no Courel e coas opinións dos representantes municipais e dos cidadáns dos Concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel.

O Courel destino e futuro e un proxecto desenvolvido pola Consultora lucense NOA INNOVA SL, por encargo do MITECO – Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico iniciado en 2023 está a cumprir os obxectivos de detectar as debilidades,ameazas e tamén as oportunidades e fortalezas do territorio do COUREL para conseguir fixar poboación a base de crear novas empresas e apoiar ás existentes para crear mais emprego e benestar nos tres concellos beneficiarios.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...