HomesociedadeChantapas: "A mal tempo, boa tapa"

Chantapas: “A mal tempo, boa tapa”

O concurso de tapas ten lugar na vila chantadina dende o 7 ao 9 de xuño. Oito establecementos ofrecerán o seu petisco máis elaborado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A hostalería de Chantada empezou este venres o ‘Chantapas’, un certame de elaboracións gastronómicas de pequeno formato que pretende dinamizar o sector nesta fin de semana. O concurso desenvolverase ata o domingo 9 de xuño.

Este ano participan 8 establecementos, cada un con cadansúa tapa especialmente elaborada para a ocasión. Aquí vos deixamos o nome dos bares e restaurantes participantes co nome da tapa que ofrecen:

A Viñoteca: “Jugoso de tierra y mar”.

Cafetería Sylt: “Sandwich especial”.

Bar Pizzería Mar: “Minipizza primavera”.

La Cervecería: “Patacón de Abadía”.

Café Cantón: “Focaccia San Xoán”.

A Faragulla: “Chistorra, ovo e pataca”.

Café bar Centro: “Filloa rechea de horta e do mar”.

Carballeira: “Brocheta do mar”.

“Chistorra, ovo e pataca”, tapa do restaurante A Faragulla. Publicada en Facebook.

Nos establecementos participantes haberá “pasaportes” para que os clientes poidan votar á súa tapa favorita. Para poder emitir voto polo petisco escollido cómpre ter polo menos catro selos.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...