HomesociedadeO Ultreia Et Suseia, de Sarria, anuncia a programación da súa terceira...

O Ultreia Et Suseia, de Sarria, anuncia a programación da súa terceira edición

Entre o 15 e o 20 de xullo programaranse unha decena de eventos, entre os que figuran espectáculos de comedia, artes escénicas e música. Toda a súa programación está conformada por artistas galegos.

Publicado o

- Advertisement -

A terceira edición de Ultreia et Suseia celebrarase en Sarria entre o 15 e o 20 de xullo. Este ano, a programación contén espectáculos de comedia, narración e música. Ultreia et Suseia, cuxo nome fai referencia ao histórico saúdo no Camiño de Santiago e que se pode traducir do latín como “Segue adiante, máis arriba”, busca configurarse como un evento que lle dea visibilidade a propostas culturais galegas e que manteña un cartel de actividades conformado totalmente por artistas galegos.

As actividades do evento serán fundamentalmente de balde podendo gozar de espectáculos de narración, dos paseos teatralizados de carácter didáctico Camiñografías, que nesta edición contarán coa presenza dos artistas e influencers galegos Pepe y Lucas e Pablo Meixe, e con dúas grandes novidades deste ano: Contos Sonoros, que unen música e narración –Carmen Conde coa Banda Comarcal de Sarria e Celso Sanmartín coa Banda Municipal de Sarria–, e A Romaxe do Camiño. Esta última iniciativa consiste nunha xornada de música que durará todo o día e que servirá como espazo de confraternización para persoas de diferentes sensibilidades nun espazo de unidade que pechará o festival. Será o 20 de xullo na Sociedade La Unión.

Ademais, mantéñense os espectáculos de narración infantil celebrados no Parque do Chanto. O 16 de xullo Bea Campos interpretará ‘A Nena dos Tres Osos’, unha divertida proposta con marionetas e cancións baseada nun conto clásico da literatura infantil. O día 18 será a quenda de César No, que ofrecerá unha sesión de contos interactiva para os máis pequenos que terá aos animais como protagonistas.

César No nunha sesión de narración. Foto: XMF.

A única actividade de pago será o espectáculo cómico ‘Level Up’, onde o humorista galego David Perdomo fai un repaso aos seus 20 anos de carreira. Será o venres 19 de xullo no Meigallo ás 21:00 horas.

PARTICIPACIÓN DE ASOCIACIÓNS LOCAIS E PATROCINIOS

Nesta edición, as asociacións culturais da comarca de Sarria gañan máis protagonismo. Así, a participación das mesmas sobe a seis. Repiten do ano pasado Peleiriños, Meigas e Trasgos e Rúa da Música e súmanse Rebuldeira Teatro, a Banda Municipal de Sarria e a Banda Comarcal de Sarria, que participarán dun xeito activo en diversas actividades do festival.

O evento, coordinado por Etiqueta Negra, conta co Concello de Sarria como patrocinador principal e o patrocinio institucional da Consellería de Cultura, así como a colaboración da área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...