Homesociedade34 adegas no VI Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte...

34 adegas no VI Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte que se celebrará do 5 ao 7 de xullo

Nesta edición participan 34 adegas, que supoñen o número máis alto de participación nas 5 edicións que se levan celebrado do Festival do Viño, dende o ano 2017 cando se celebrou a primeira edición. “Todas estas adegas ofrecerán ó visitante a posibilidade de degustar e gozar dunha ampla variedade de viños, nunha contorna natural, tranquila e confortable á beira do Río Cabe, no Paseo do Malecón”, destaca o alcalde, José Tomé.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, deu a coñecer este luns o Programa e Cartel oficial da sexta edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte. Nesta edición o cartel representa o consumo de viño como elemento de lecer e glamour, tamén para as mulleres, incorporando un estilo novo e fresco cunha ilustración plana e sinxela que nos achega a un público máis novo con ganas de coñecer o universo do viño.

Como novidade deste ano, colocarase un pórtico de entrada ó Festival, que tamén servirá de photocall e contarase cunha importante zona de sombreado. Ó longo do Festival haberá diferentes tótems informativos co programa de actividades.

O 5 de xullo o Festival abrirá as súas portas de 19.30 a 1.00 da madrugada. Na fin de semana terá horario de 11:00 a 15:00 e de 19:00 a 1:00, se ben o domingo pecharase ás 00:00h.

As 34 adegas participantes nesta sexta edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte, son: A Man de Prado, Abadía da Cova, Adega Carqueixa, Adega Vella, Algueira, Alma das Donas, Alouviño, Asolagados, Cardenal R. de Castro, Castrofiz, Cividade, Condado de Sequeiras, Corzoás, Cruceiro, Don Bernardino, Finca Cuarta, Finca Míllara, Galanteiro, Guímaro, Gullufre, Lucenza, Malcavada, Os Cipreses, Pazo de la Cuesta, Petrón, Peza do Rei, Ponte da Boga, Rectoral de Amandi, Regina Viarum, Santa Mª de Nogueira, Tear, Tolo do Xisto, Vía Romana, Viña Vella

O Festival contará  cunha Zona de Gastronomía que contribuirá a acompañar mellor a degustación dos viños. Serán un total de 12 participantes repartidos por todo o recinto, que ofrecerán produtos da zona, dende queixos, postos de xamón, xeados artesáns, panaderías ata racións máis elaboradas feitas por restaurantes de Monforte de Lemos.

Actividades complementarias

O venres, 5 de xullo, terá lugar a inauguración e o pregón que correrá por conta de Antonio Lombardía Crespo, Presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra. Como prólogo, ás 20:30 h. actuará a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. Nesta xornada ás 23:00h actuán os Gin Toni’s.

O sábado, 6 de xullo, ás 23:00 h., será a quenda dun grupo monfortino de referencia, Malenne, que cada vez está acadando maiores éxitos grazas ó seu directo espectacular. O seu repertorio inclúe as versións máis coñecidas do pop español e do indie rock.

Contarase con dous obradoiros de cata: o 6 de xullo, de 11:30 a 13:00 h., terá lugar o obradoiro práctico e sensorial “Enológo por un día na Ribeira Sacra” a cargo de Iván Olmedo, membro de Asociación Galega de Enólogos e o 7 de xullo, no mesmo horario, celebrarase o obradoiro sensorial “Descobre… Suelos Ribeira Sacra: Pizarra vs. Granito” a cargo de David Pascual, enólogo e presidente da Asociación Galega de Enólogos.

Haberá dúas sesións de Masterclass impartidas por Isabel Lozano e Roberto Gándara da Asociación de Sumilleres de Galicia. Terán lugar en horario de 13:30 a 15:00 h.: O sábado 6 de xullo terá lugar a masterclass titulada “Viños do Vello Mundo que recordan a Ribeira Sacra” e o domingo 7, “Terriña: suelo, clima, variedades e elaboración na Ribeira Sacra”.

Todos os obradoiros e masterclass son gratuítos e faranse na zona acondicionada como Sala de Catas dentro do recinto do Paseo do Malecón. Nos dous casos é necesaria reserva previa no teléfono 621 40 34 88 ou no e-mail festivalmonforte@gmail.com.

O Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte contará con actividades infantís, á beira do Rio Cabe. O sábado 6, de 12:30 a 13:30, terá lugar o Contacontos a cargo de Anxo Moure. E de 19:30 a 20:30 h. Títeres a cargo da compañía Tarabelos. O domingo 7, de 12:30 a 14:00 h. un Obradoiro de olería tradicional da Ribeira Sacra a cargo de Figulus. E de 19:30 a 20:30 h. un Showcooking impartido por Velaísca Animación.

“Se o tempo nos acompaña”, subliñou o Alcalde, “estamos seguros de que esta edición do Festival do Viño, atraerá a miles de visitantes a Monforte e ó conxunto da Ribeira Sacra, que nos axudarán a dinamizar a economía da comarca, particularmente o mundo do viño, a hostalería e o comercio.”

Viñorutas polo Sil e o Miño

As Viñorutas partirán do Parque dos Condes. A Viñoruta do Sil, Quads pola Ribeira do Sil terá lugar o sábado 6 de xullo, con saída ás 9:30 h e consistirá en facer unha ruta de medio día en Quad. Esta Viñoruta ten un prezo de 55€ por persoa. O domingo 7 de xullo, a Viñoruta do Miño, Coñecendo a Ribeira do Miño en Zodiac, que permitirá coñecer a ribeira do Miño en Zodiac. O prezo é de 40€ por persoa. Necesaria reserva previa no teléfono 621 40 34 88 ou no e-mail festivalmonforte@gmail.com.

ÚLTIMAS

O Concello de Chantada aumenta a capacidade e mellora os servizos do punto limpo

O Concello de Chantada vén ampliando e mellorando o punto limpo do municipio desde...

305.000€ para un novo aparcadoiro no Polígono do Reboredo en Monforte

O aparcamento actual, que se ubica na marxe esquerda da vía principal do Polígono,...

Aberto o prazo para a ludoteca de verán de Triacastela

As actividades da ludoteca terán horario de 09:30 a 14:00 horas. Ofértanse 20 prazas...

Encontro sobre lexislación e axudas para o turismo, mentres seguen as xuntanzas “Montes de Saberes”

En Chantada desenvolveuse unha xornada sobre lexislación e axudas dirixida a proxectos relacionados co...