HomesociedadeAberto o prazo de solicitude de axudas para asociacións culturais en Monforte

Aberto o prazo de solicitude de axudas para asociacións culturais en Monforte

A convocatoria está dirixida a asociacións culturais, lúdicas, recreativas ou formativas, sen ánimo de lucro, inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, e para actividades realizadas durante o 2024.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As asociacións interesadas terán terán de prazo ata o luns 1 de xullo para presentar as solicitudes. Despois, e unha vez concedidas, o prazo para xustificalas será ata o 2 de decembro de 2024.

A contía destinada a estas subvencións ascende a 12.000 euros, e o importe de cada subvención non poderá superar os 1.000 euros, nin o 70% do investimento subvencionable por cada anualidade.  

O Alcalde, José Tomé Roca, destaca que “o que pretendemos, con esta liña de axudas, é seguir apoiando a labor das nosas asociacións, e por iso, decidimos manter o mesmo importe que destinamos no ano 2023 para este tipo de axudas, 12.000 euros, a fin de apoiar actividades que son imprescindibles para o desenvolvemento cultural da nosa cidade, como son charlas, coloquios, conferencias, publicacións, concertos, eventos, etc.”.

BENEFICIARIOS, REQUISITOS E FINALIDADE DAS SUBVENCIÓNS

Para poder optar a este tipo de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, as asociacións deben cumprir unha serie de requisitos, ademais de figurar legalmente constituídas no rexistro de asociacións do Concello (ter domicilio social, sede ou representación en Monforte) e desenvolver actividades de interese xeral para o municipio, xa sexan de carácter cultural, veciñal, popular, profesional, lúdico ou recreativo.

Acceso ás bases da convocatoria.

REQUISITOS DAS ASOCIACIÓNS

  1. Carecer de ánimo de lucro.
  2. Estar debidamente inscrita no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Monforte de Lemos no momento de presentar a solicitude.
  3. Non ser debedora co Concello por calquera tipo de débeda de dereito público (será comprobado de oficio pola administración).
  4. Non ser debedora coa Facenda estatal ou autonómica e estar ao corrente das obrigas coa Seguridade Social.
  5. Non estar incursa en prohibición para obter a condición de beneficiaria de subvencións públicas.
  6. Ter xustificado debidamente as subvencións municipais recibidas con anterioridade nos termos que se fixasen nas correspondentes convocatorias.

A finalidade das axudas será contribuír ao financiamento de programas, proxectos ou actividades culturais levadas a cabo no Concello de Monforte de Lemos no exercicio 2024.

Non serán subvencionables os gastos de reforma e acondicionamento de locais, vestiario, actividades con ánimo de lucro ou calquera outro gasto non relacionado co proxecto presentado. Así mesmo quedan excluídas desta convocatoria as axudas a festas patronais, comidas e eventos relixiosos.

ÚLTIMAS

O alumnado do CEIP de Quiroga fai un xogo de mesa co Meco como protagonista

O alumnado do CEIP de Quiroga vén de divulgar un interesante traballo que realizaron...

Comeza a limpeza da lagoa do Parque dos Condes

As brigadas municipais do Concello de Monforte iniciaron este martes, 25 de xuño, os...

A ANPA do CEIP Virxe do Carme de Sober protesta pola baixada das ratios e a política de agrupamentos

A ANPA do CEIP Plurilingüe de Sober, despois de ser alertada dende o centro...

Unanimidade na Deputación para reclamar á Xunta que axilice o desdobramento do corredor entre Lugo e Monforte

A Deputación de Lugo reclamará novamente á Xunta de Galicia que axilice o proceso...