HomesociedadeO IES A Pinguela foi gañador dun dos 10 retos do Programa...

O IES A Pinguela foi gañador dun dos 10 retos do Programa InnovaTechFP da Consellería de Educación

O IES A Pinguela foi un dos dez centros con iniciativas premiadas pola Consellería de Educación dentro da primeira edición do Programa InnovaTechFP 2023/24, dotadas cada unha con 10.000 euros para o desenvolvemento do seu proxecto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Alumnado e profesoras do ciclo de Confección e Moda do centro participaron no reto 7 coa empresa ‘elPulpo’ sobre ‘Creación dunha colección téxtil reciclada’. Desde o centro felicitan a alumnado e profesorado polo que levan traballado durante o curso, o que fai que os ciclos de Confección e Moda e a familia profesional de Téxtil se convertesen nuns dos referentes importantes do instituto.

Os 10 centros premiados imparten Formación Profesional en Vigo, A Coruña, Ferrol, Burela, Lugo, Ourense e Monforte, proclamándose vencedores dos retos desta edición de Innovatech FP: os gañadores foron os centros integrados de FP Valentín Paz Andrade, Imaxe e Son, Ferrolterra, Portovello e Politécnico de Lugo, así como os institutos Politécnico de Vigo, A Sardiñeira, Perdouro e A Pinguela.

Todos os participantes afrontaron a solución de 10 retos tecnolóxicos presentados por distintas empresas (Viaqua, Pérez Rumbao, Diesemm, Finsa, Aceites Abril, L’Oreal, elPulpo, Roberto Verino, Fundación San Rosendo e Naturgy) referentes da nosa comunidade.

“As propostas premiadas neste acto son pioneiras e un exemplo do gran potencial que atesoura a nosa FP para contribuír a dar un salto de calidade tecnolóxico e innovador ao tecido produtivo galego”, destacou o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, quen acompañado pola directora xeral de FP, Eugenia Pérez, presidiu a entrega de premios da primeira edición do certame InnovaTech FP, un programa que sinalou como “revolucionario para o apoio da formación tecnolóxica e dixital dos futuros profesionais, ao tempo que redunda positivamente no tecido produtivo”.

O titular do departamento educativo galego explicou que o programa naceu este curso para poñer de manifesto a importancia de responder ás necesidades reais do tecido produtivo apoiándose na innovación tecnolóxica e no emprendemento, retando aos estudantes a resolver as propostas das empresas. “As propostas premiadas son pioneiras e un exemplo do gran potencial que atesoura a nosa FP para contribuír a dar un salto de calidade tecnolóxico e innovador ao tecido produtivo galego”, destacou.

Román Rodríguez puxo tamén en valor a importancia do Centro Galego da Innovación da FP Eduardo Barreiros como polo tractor das iniciativas xurdidas ao abeiro do programa. De feito, poranse a disposición do alumnado as instalacións e medios materiais humanos do centro para facilitar o desenvolvemento destes proxectos avanzados no eido tecnolóxico e industrial e a transferencia de coñecemento aos sectores produtivos.

InnovaTech FP dirixiuse a centros públicos de FP con dinámica de investigación, innovación e emprendemento, e que contan con viveiros de empresas ou aulas de emprendemento. InnovaTech FP enmárcase na Estratexia de FP Galicia 2030 e no Plan Innova FP Galicia e desenvolverase entre o presente curso 2023-24 e o próximo 2024-25, ó longo dos que se mobilizarán máis de 2.000 alumnos e 400 profesores de 100 centros de FP, o que suporá un investimento de 1,5 millóns de euros neste período. Nesta primeira edición participaron 85 centros e arredor de 800 alumnos.


InnovaTech FP / IES A Pinguela

ÚLTIMAS

Complétase a renovación integral do Parque Eloísa Rivadulla de Chantada

A parte alta do Parque Eloísa Rivadulla dotouse de saneamento para a recollida de...

O Desfile da Confraría do Viño de Quiroga abre os actos da Feira do Viño

Baixo ameaza de chuvia uns minutos antes da unha do mediodía deste sábado os...

Quixós, terceiro posto na 2ª Copa galega de Promoción de Slálom

O encoro de Pontillón do Castro, en Verducido (Pontevedra), onde están as instalacións da...

O Ministerio de Transportes afrontará a remodelación do firme da N-540 tras a Semana Santa

O Goberno inviste preto de 11 millóns de euros na renovación integral do viario...