HomeCulturaQuiroga formará a traballadores de atención a persoas con dependecia e axuda...

Quiroga formará a traballadores de atención a persoas con dependecia e axuda no fogar

O concello de Quiroga será un dos 8 concellos de Galicia beneficiarios destes talleres formativos que están estruturados en 4 xornadas teórico-prácticas de 4 horas cada unha delas. Será os sábados 22 e 29 de xuño, e 6 e 13 de xullo en horario de 9:00 a 13:00 h. e impartirase na aula Cemit da Casa da Cultura de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O ISSGA, Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, no seu Plan de actuación 2024 recolle no seu eixe 5, “Promoción da prevención, mellora da xestión e redución da sinistralidade”, un programa específico para persoal traballador de atención directa a persoas con dependencia e axuda no fogar.

Fixéronse as xestións correspondentes coa empresa encargada da formación, Gestión Plus, coa empresa do Servizo de Atención a Domicilio, Attende Care, e coa dirección do Centro de Día para facilitar esa formación a traballadoras destes dous servizos de atención directa a persoas con dependentes e axuda no fogar.

Desde a Concellaría de Servizos Sociais de Quiroga destácase que con estas accións concretas, pódese axudar a dotar de ferramentas a estes traballadores e que melloren a súa seguridade e a súa saúde física e psíquica, “Estas accións repercutirán tamén no benestar das persoas que reciben a atención, xa sexa nas súas casas xa sexa no Centro de Día”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...