HomesociedadeTorre da Homenaxe en verde este 21 de xuño no Día Mundial...

Torre da Homenaxe en verde este 21 de xuño no Día Mundial da ELA

Con motivo de este día, a Asociación Galega de Afectados de Esclerosis Lateral Amiotrófica (AGAELA) e o resto de asociacións pertencentes á Comunidade da ELA, lanzan a Campaña #LuzporlaELA2024, na que edificios e monumentos de toda España se iluminarán de cor verde co obxetivo de visibilizar a enfermidade e apoiar ás persoas enfermas para concienciar á sociedade sobre as dificultades que conlevan no día a día. En Galicia iluminaranse máis de 80 edificios e monumentos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Como xesto simbólico e en sinal de apoio ás persoas con ELA (Esclerosis Lateral Amiotrófica), este venres, día 21 de xuño, procederase á iluminación da Torre da Homenaxe de San Vicente de cor verde.

“Dende o Concello de Monforte, sumámonos a esta iniciativa e queremos facela extensiva a toda a cidadanía iluminando de verde a Torre da Homenaxe, pois é unha enfermidade que necesita ser coñecida dado que hai 4.000 persoas enfermas de ELA en España”, destaca o alcalde, José Tomé. Anímase a toda a cidadanía a enviarlles fotos dos edificios e monumentos iluminados de verde e a difundilo nas redes sociais co hashtag #LuzporlaELA.

Segundo informa AGAELA, a ELA é unha enfermidade neurodexenerativa incurable, progresivamente incapacitante e mortal nun prazo de 3 a 5 anos dende o seu diagnóstico.

A isto hai que sumarlle o custo medio dos coidados das persoas con ELA alcanza cifras moi elevadas anualmente, o que supón un problema económico inasumible para a maioría das familias. A dificultade de detectar os síntomas iniciais a nivel de atención primaria e a complexidade do diagnóstico diferencial demoran o diagnóstico da ELA. En España, o tempo medio desde o primeiro síntoma definitivo ata o diagnóstico supera o ano.

Por iso, as asociacións insisten na importancia de potenciar a innovación e a tecnoloxía. Do mesmo xeito, é vital apoiar e fomentar a investigación, que permita atopar a orixe, o diagnóstico rápido e a cura desta enfermidade. Así como, alcanzar a maior eficacia relacionada cunha organización asistencial adecuada ás necesidades dos pacientes, garantindo, deste xeito, os coidados que asegurar unha calidade de vida digna, independentemente do lugar onde residan.

ÚLTIMAS

Fin de semana de Magosto, micoloxía e teatro en Pantón

Este sábado, 8 de novembro, o Concello de Pantón celebra no Pavillón Municipal un...

XXXVI Festa da Castaña do Courel

En tempo de magostos, a Festa da Castaña do Courel é xa un referente...

Ata o 21 de novembro pódense solicitar axudas á creación de empresas en Monforte

As solicitudes poderán presentarse ata oi 21 de novembro, mediante modelo normalizado, no Rexistro...

“Pura”, curta gañadora dos últimos Mestre Mateo, proxéctase este 7 de novembro en Quiroga

A curta, dirixida por Carmen Méndez, narra a historia dunha muller que volve á...