HomesociedadeA parcela situada en Benito Vicetto co Malvarón terá que pecharse tras...

A parcela situada en Benito Vicetto co Malvarón terá que pecharse tras unha orde de execución do Concello de Monforte

A Xunta de Goberno Local celebrada o pasado luns 1 de xullo, procedeu a conceder licenza para as obras de peche da parcela situada na rúa Benito Vicetto, número 63, que dá á rúa Malvarón, logo de que previamente o Concello requirira ós propietarios da mesma dito peche.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local celebrada o día 28 de agosto de 2023 ditou unha orde de execución sobre dita parcela, orde que se ampara na Ordenanza reguladora de fachadas, elementos construtivos e solares de Monforte que no seu artigo 5 establece, en relación coas “Normas para o mantemento de terreos e solares” que os propietarios dos terreos que linden coa vía pública deberán pechalos con cerramentos axeitados, situados na alineación oficial e seguindo as prescricións establecidas na normativa urbanística”. Engádese que o interior dos devanditos terreos deberán manterse libres de residuos e maleza e en condicións de hixiene, ornato e seguridade en xeral.

Polo tanto, dende o Concello estímase, que para dar cumprimento ó establecido na citada ordenanza deberán executarse o peche do solar nº 63 da rúa Benito Vicetto, que tamén ten fronte cara a rúa Malvarón.

O peche levarase a cabo con bloque e malla metálica, nunha lonxitude duns 142 metros lineais. Unha vez solicitada a licenza por parte da empresa construtora que levará a cabo esta obra de peche, a Xunta de Goberno Local deste luns 1 de xullo, aprobou outorgarlla.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...