HomesociedadeDiploma de honor da Cruz Vermella para o monfortino Manuel Valcárcel

Diploma de honor da Cruz Vermella para o monfortino Manuel Valcárcel

Manuel é voluntario desta organización en Monforte de Lemos participando activamente con ela en labores de comunicación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado sábado, durante o acto institucional de entrega de recoñecementos á acción voluntaria de Cruz Vermella, o monfortino Manuel Valcárcel Cabo recibiu o Diploma de Honra de Cruz Vermella.

Manuel é voluntario de Cruz Vermella en Monforte de Lemos, membro do comité local, e colaborador activo do departamento de comunicación axudando a difundir as actividades desta organización non gubernamental. O seu compromiso e dedicación, especialmente durante os incendios de Courel en 2022, tivéronse en conta para este recoñecemento ao visibilizar o esforzo e o labor de Cruz Vermella nesas datas tan críticas.

Ademais do seu incansable labor voluntario, Manuel é un talentoso fotógrafo cuxa paixón e habilidade capturan a esencia das accións e o espírito da Cruz Vermella.

“Desde Cruz Vermella queremos agradecerlle profundamente a súa entrega e contribución continua”, comenta finalmente Manuel María López, responsable provincial de comunicación.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...