HomesociedadeXXII Simposio sobre o Ensino da Xeoloxía do 8 ao 13 de...

XXII Simposio sobre o Ensino da Xeoloxía do 8 ao 13 de xullo no Xeoparque Montañas do Courel

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o Presidente do Xeoparque Mundial Montañas do Courel, Roberto Castro González, presentaron no Pazo de San Marcos esta cita que organiza a Asociación Española para a Ensinanza das Ciencias da Terra (AEPCT) coa colaboración do organismo provincial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O XXII Simposio sobre a Ensinanza da Xeoloxía desenvolverá, desde o vindeiro luns, día 8 de xullo ata o sábado 13 de xullo, un amplo programa de actividades con conferencias, mesas redondas, talleres, así como actividades culturais e lúdicas e saídas de campo ao Xeoparque das Montañas do Courel.

O encontro, no que participarán especialistas sobre temas de interese científico e didáctico, busca ser un período de encontro aberto a todas aquelas persoas que comparten intereses e inquedanzas en torno á ensinanza e divulgación da xeoloxía e das ciencias da Terra

O simposio reunirá a 175 profesores procedentes de toda España no Auditorio Municipal de Quiroga. Contarase con conferencias, mesas redondas, talleres e visitas ao Xeoparque, explorando temas de grande relevancia científica e didáctica. García Porto destacou que a celebración deste encontro nas Montañas do Courel enriquecerá esta cita, “a Serra do Courel presenta unha gran variedade litolóxica, que abarca a historia xeolóxica da comarca, porque é unha zona rica en estruturas tectónicas, como fallas. É un lugar significativo para a paleontoloxía, un territorio rico en minerais, e en paisaxes kársticas”. Engadiu ademais a Deputada que “a Serra do Courel forma parte da Rede Natura 2000, unha das áreas de conservación da natureza da Unión Europea”.  

Lembrou Pilar García Porto que esta colaboración responde o forte compromiso que a Deputación de Lugo mantén coa posta en valor e a promoción deste territorio, “fomos a principal administración galega que traballou xunto cos concello de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil, para conseguir a declaración do Xeoparque Mundial Montañas do Courel, o primeiro recoñecido en Galicia, no ano 2019”.

Pola súa banda, o Presidente do Xeoparque Mundial Montañas do Courel agradeceu a colaboración da Deputación, pois “fai posible que este evento de referencia nacional chegue a este territorio”. Algo que servirá, “para promocionar o Xeoparque Mundial Montañas do Courel, do que forman parten os concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel, que contan cunha xeoloxía singular, e un medio natural e social de enorme interese” subliñou Roberto Castro. 

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...