HomesociedadeO delegado do Goberno destaca en Sarria a aposta pola dixitalización e...

O delegado do Goberno destaca en Sarria a aposta pola dixitalización e a sustentabilidade do rural

O delegado e o alcalde comprobaron o impacto das achegas do Goberno no concello para mellorar o saneamento do municipio ou gañar en conectividade, Sarria tamén se beneficia da mellora integral da conexión ferroviaria Ourense-Monforte-Lugo, así como en actuacións concretas postas en marcha por ADIF como a senda peonil que permitirá conectar o núcleo urbano e o barrio do Mazadoiro

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

 
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, destacou a aposta do Goberno pola mellora dos servizos públicos dos concellos do rural, que se traduce en 10 millóns de euros de investimentos no Concello da Sarria nos últimos anos para avanzar na súa dixitalización e sustentabilidade. Pedro Blanco desprazouse ata a localidade para comprobar o impacto dos proxectos financiados polo Goberno xunto co alcalde, Claudio Garrido; a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez; e membros do goberno local. “Esta axuda permite a substitución de preto de 4.500 puntos de luz por outros novos de tecnoloxía led, cun aforro enerxético do 75%, reducindo a contaminación lumínica e a emisión de CO2”, explicou o delegado.

Así mesmo, Pedro Blanco destacou a aposta do Goberno “pola transformación verde e dixital dos concellos, cos que camiñamos progresivamente cara modelos sostibles que deixen un impacto positivo tanto no respecto ao medio ambiente como no aforro ás arcas municipais”. Lembrou neste punto que o MITECO “resolveu hai unhas semanas a primeira convocatoria para proxectos singulares co fin de renovar as instalacións de iluminación exterior municipal, que deixan 8,5 millóns de euros en Galicia para actuacións en 9 concellos”.

A este investimento engádese o Plan ÚNICO-Banda Ancha, que desenvolve o Ministerio de Asuntos Económicos, e que posibilita a chegada de internet de alta velocidade, mediante fibra óptica, a 1.229 vivendas e empresas da localidade, ou a achega da CHMS de 3,5 millóns de euros en distintas actuacións para mellorar o saneamento do concello.

Finalmente, o delegado puxo de relevo a aposta polas comunicacións e a cohesión territorial, “pois Sarria benefíciase da renovación da liña Ourense-Monforte-Lugo, cun investimento de 550M€ que conectará a provincia coa alta velocidade”, destacando tamén actuacións concretas “como a nova senda peonil que está a poñer en marcha ADIF para conectar non só as vías senón tamén o núcleo urbano de Sarria e o barrio do Mazadoiro, un reclamo veciñal histórico co que damos cumprimento desde o Goberno”. Pedro Blanco comprometeuse a seguir traballando da man dos concellos para mellorar os servizos públicos.

Delegado do Goberno visita Sarria / Delegación do Goberno

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...