HomesociedadeComeza a mellora da estrada LU-P-4202 que une Pacios e Currelos

Comeza a mellora da estrada LU-P-4202 que une Pacios e Currelos

Trátase dunha actuación importante, porque ese tramo da estrada provincial á altura do lugar de Toexe dá servizo a diferentes rutas de sendeirismo, ao mosteiro de San Facundo de Ribas de Miño e ao antigo embarcadoiro. Permite ademais o acceso da veciñanza ás viñas da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo vén de iniciar en Paradela os traballos da estrada provincial LU-P-4202, que é a que conecta Pacios e Currelos, no Saviñao, por Aldosende. Unhas obras nas que a institución provincial inviste preto de 80.000€ e que afectan ao tramo que vai desde o punto quilométrico 3,250 e o 5,000.

Os traballos consistirán na mellora da drenaxe mediante a reapertura das cunetas, a súa limpeza e pavimentación nos puntos nos que sexa preciso; renovación do firme con aglomerado en quente, e renovación da sinalización mediante o pintado da vía con marcas reflexivas brancas e reposición da sinalización vertical. O prazo de execución destes traballos é de dous meses, pero a adxudicataria –FEVISA Vías y Obras SL- comprometeuse a telos rematadas en mes e medio desde o seu inicio.

Nos últimos anos, a Deputación xa investiu medio millón de euros para a mellora e renovación do pavimento de 12 quilómetros de estradas que unen Paradela e Currelos, no Saviñao.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...