HomesociedadeOs concellos avisan, sen máis achegas non hai futuro para o Servizo...

Os concellos avisan, sen máis achegas non hai futuro para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF)

Os gobernos locais estarían “cubrindo” case a metade dos custos deste servizo. A Consellería de Política Social di que desde o Goberno autonómico se está asumindo o 70% dos orzamentos para este servizo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado dez de xuño o presidente da Xunta, Alfonso Rueda e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, chegaron ao acordo de “revisar” o financiamento municipal e en concreto o do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Alberto Varela sinalou que os concellos reciben da Xunta e do Goberno central 12€ por hora fronte aos “20 ou 21€” que pagan de media as administracións locais galegas habendo casos de “24€ hora”. A diferenza entre as cifras cóbrena os entes municipais mais de seguir así “o SAF non ten futuro”. A conclusión desde a FEGAMP é a necesidade de subir o importe dos fondos destinados a esta parte dos servizos sociais. Mentres, desde a Administración autonómica, o conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, anunciaba unha “revisión” do SAF mais aclaraba que “xa se fixo” algo igual en 2021, “a pesar de que a competencia non é da Xunta”. Isto non quita, segundo Calvo, que o goberno galego se comprometa a “seguir axudando aos concellos”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...