HomesociedadeXIV Feira de Artesanía e Produtos da Terra, o 22 de agosto...

XIV Feira de Artesanía e Produtos da Terra, o 22 de agosto no Incio

Participarán postos de Artesanía de Galicia e expositores da zona que venderán produtos típicos. Haberá un pasarrúas a cargo dun grupo de música tradicional pola mañá e pola tarde actuará a Charanga Louband. A cita remata con degustación de iscos e unha foliada aberta

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello do Incio celebrará o xoves 22 de agosto a XIV edición da súa Feira de Artesanía e Produtos da Terra, coincidindo coa Feira local.

Pola mañá haberá un pasarrúas a cargo dun grupo de música tradicional e unha actividade a cargo da Furgoteca, a biblioteca móbil da Xunta de Galicia. Xa pola tarde, haberá unha actuación da Charanga Louband e ás 20:00 horas degustación e iscos e foliada aberta.

Ao longo de todo o día haberá postos de artesanía polas na Praza de España e nos arredores do Concello, coa participación da Fundación Artesanía de Galicia, que tamén se encargará de organizar diferentes obradoiros para todos os públicos ao longo de toda a xornada. Xunto a estes expositores estarán os postos de empresas de alimentación da zona que venderán produtos típicos, como mel ou queixo.

Esta feira é unha iniciativa do Concello do Incio para promover o turismo e a cultura na zona, así como para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Por este motivo, explica o alcalde, Héctor Corujo, cambiamos a data para agosto e para que coincida coa feira local para atraer ao maior número posible de visitantes.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...