HomesociedadeCámaras ocultas nun reloxo de parede dun hotel de Bóveda

Cámaras ocultas nun reloxo de parede dun hotel de Bóveda

A operación, denominada 'Norbates', continúa aberta pendente de realizar un estudo das gravacións intervidas e verificar se estas imaxes estaban destinadas a uso propio, difusión en liña ou para comerciar con elas.

Publicado o

- Advertisement -

Garda Civil detivo a dous homes como presuntos autores de varios delitos contra a intimidade por colocar cámaras ocultas, un nas habitacións dun hotel da localidade lucense de Bóveda. A operación, denominada ‘Norbates’, comezou a finais do ano pasado, cando unha parella denunciou que atopara unha cámara escondida detrás dun reloxo de parede nun hotel de Bóveda. Durante a investigación outra persoa denunciou ao mesmo hotel, achegando incluso o reloxo coa cámara.

Realizouse un rexistro no establecemento denunciado e no domicilio do propietario, intervíndose tres reloxos, dous computadores portátiles, unha CPU, un disco duro externo, 15 pen drives e unha mini cámara. A primeira parella en denunciar detectou un reflexo xusto detrás dun reloxo que lles fixo sospeitar e comprobar o que había tras el. Atoparon entón unha minicámara que enfocaba cara á cama e posuía un cartón ‘microSD’ de gravación de imaxes no seu interior.

Esta parella avisou aos hóspedes da habitación da beira e comprobaron que lles sucedía o mesmo. Cando comunicaron os feitos ao propietario do establecemento, este indicoulles que as cámaras non funcionan e devolveulles o importe pago polo aloxamento, así como outros 300 euros coa intención de que desta forma non presentasen denuncia. A operación continúa aberta pendente de realizar un estudo das gravacións intervidas everificar se estas imaxes estaban destinadas a uso propio, difusión en liña ou para comerciar con elas.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...

Os Bolechas ensinan sobre compostaxe doméstica na publicación “Os composteiros de Monforte”

“Os composteiros de Monforte” está protagonizado polos coñecidos Bolechas, encargados de ensinar á rapazada...