HomesociedadeA Vicepresidencia da Deputación forma a apicultores de Pantón no manexo de...

A Vicepresidencia da Deputación forma a apicultores de Pantón no manexo de colmeas contra a velutina

O curso, que contou coa colaboración da Comunidade de Monte Veciñal en Man Común de Ferroedo, está incluído no programa de formación en apicultura que está a desenvolver a área provincial, co obxectivo de ampliar e actualizar os coñecementos de apicultores e apicultoras e espertar o interese por esta actividade entre as persoas máis novas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo achegou a Tuiriz, en Pantón, un curso sobre o manexo das colmeas para loitar contra a velutina. A formación estivo impartida por persoal técnico da Casa do Mel de Goente e centrouse nos métodos preventivos para protexer as colmeas desta especie invasora, con contidos teóricos e unha parte práctica.

A través deste programa, que comezou en xuño, impartiuse formación en Vilalba, O Valadouro ou Xove -cun curso en marcha – e, en vindeiras datas, celebraranse en Muras, Cervo ou Mondoñedo, abordando diferentes cuestións de interese para o desenvolvemento desta actividade.

Trátase dunha proposta que xurde da colaboración e o diálogo coas entidades representativas do sector, que complementa outras actuacións que desenvolvemos nos últimos meses da man da Asociación Galega de Apicultura e que amplía a aposta da área de Rural pola formación e o asesoramento no sector primario.

Curso apicultura Pantón / Vicepresidencia Deputación

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...