HomesociedadeFestas da Madalena 2024 nos Anguieiros, Quiroga

Festas da Madalena 2024 nos Anguieiros, Quiroga

Esta fin de semana a aldea dos Anguieiros, na parroquia de Montefurdo (Quiroga), organiza varias actividades para festexara Madalena. Dende unha camiñada pola contorna de Montefurado, ata xogos tradicionais, foliada e actos relixiosos o domingo con aperitivo popular. O domingo será tamén o seu xa clásico campionato de bolos celtas que chega á súa XII edición.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación Boca do Monte, encargada de organizar as festas da aldea dos Anguieiros, propón para o 20 de xullo pola mañá –de 9 a 13:00 h.– unha camiñada que percorrerá un tramo do Camiño de Inverno e as aldeas da parroquia de Montefurado: O Ermidón, O Ivedo e Alvaredos. Neste último punto abrirase a adega Alvaredos Hobbs. Saída e chegada na Praza de Montefurado, onde a Igrexa. A información ao detalle da andaina está publicada na súa páxina web.

Tamén ás 9:00 h., e como novidade este ano, haberá unha sesión de Mindfulness. Os interesados e as interesadas teñen que contactar para reserva e info ao detalle no whatsapp 637290204

Xa pola tarde, de 19 a 21:00 h. terán lugar os xogos populares interxeracionais. Preferentemente para a cativada pero para poder participar os maiores acompañándoos. Os xogos previstos: Chave (2 diferentes), Bolos Celtas, Petanca, Billarda, Carreira de sacos, tiro de corda por equipos e xogos de auga.

Para as 21:00 h. queda xa unha merenda popular para os asistentes e Foliada ata as 23-24 h. A foliada será amenizada polo Grupo Tradicional “A cadela asasina”.

Grupo Tradicional ‘A Cadela Asasina’. Foto cedida.
DOMINGO 21

Este día o prato forte será o XII Campionato de Bolos Celtas. Trátase dunha actividade á que a asociación dedícalle un tratamento especial pois dende hai anos están a recuperar na aldea este xogo tradicional tras moitísimos anos sen xogarse. Cada ano apúntase máis xente que vén incluso de puntos remotos de Quiroga.

Bola golpeando os bolos. Foto: Asoc. Boca do Monte.

Xogan homes e mulleres e despois daranse premios aos 5 mellores homes e ás 5 melloras mulleres clasificadas.

Será de 10 a 12:30 h. e este ano contan con varias sorpresas. A presenza dun divulgador de xogos populares a nivel nacional, Fernando Maestro, e a participación como convidados do humorista Xan Veiga e da actriz galega Lidia Veiga.

Cartel do XII Campionato de Bolos Celtas cos patrocinadores do mesmo no fondo da imaxe.

A continuación, de 12:30 a 13:00 h. Alborada a cargo de Abertal, grupo tradicional da Rúa; e ás 13:15 h. procesión e misa na capela dos Anguieiros.

Ás 14:00 h. música de novo con Abertal, con aperitivo popular aos presentes e sorteo das Rifas da Madalena con premios moi interesantes de produtores e artesáns de Quiroga.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...