HomesociedadeRomán Rodríguez avalía co alcalde de Sober as obras do CEIP Virxe...

Román Rodríguez avalía co alcalde de Sober as obras do CEIP Virxe do Carme

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, mantivo este martes unha reunión de traballo co alcalde de Sober, Luis Fernández, para avaliar o desenvolvemento das obras de mellora que a Xunta de Galicia está a acometer no Colexio CEIP Virxe do Carme, así como novas actuacións previstas neste centro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na actualidade está en marcha o cambio da cuberta do ximnasio e xa está rematada a substitución dos canlóns e baixante e a reforma da instalación eléctrica, actuacións todas elas que absorben un investimento de 82.000 euros por parte da Xunta de Galicia.

A maiores, o conselleiro comunicoulle ao alcalde que tamén se vai a proceder á limpeza exterior do colexio e ao pintado das paredes interiores do mesmo. Por último, tamén está previsto o acondicionamento e a dotación de equipamento da aula de psicomotricidade.

Cómpre lembrar que, contando as obras que están en marcha nestes momentos, a Consellería de Educación leva investidos 380.000 euros en diversas melloras no Virxe do Carme. A actuación máis destacada, que absorbeu máis de 250.000€, foi a rehabilitación enerxética levada a cabo no ano 2022.

ÚLTIMAS

O sector do Porco Celta ante a ameaza da peste porcina africana

A peste porcina africana (PPA), sen ter chegado aínda a moitos territorios, está a...

O pleno de Monforte vota este luns a dimisión de Tomé como alcalde

O pleno de Monforte de Lemos debaterá este luns a dimisión de José Tomé...

Tres proxectos da Deputación de Lugo potenciaron este 2025 o turismo sostible

A Deputación de Lugo potenciou este 2025 os encoros, o románico e as viaxes...

Oferta teatral para esta tarde en Taboada e Quiroga

O Concello de Taboada organiza na tarde deste domingo 28 de decembro unha obra...