Homesociedade10.000€ da Deputación para o programa "Descubrir Quiroga"

10.000€ da Deputación para o programa “Descubrir Quiroga”

O programa “Descubrir Quiroga”, posto en marcha pola Concellería de Turismo en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello, pretende poñer en valor os diferentes recursos turísticos que se atopan neste municipio en liña coa campaña do Xeoparque Montañas do Courel, "Auga é vida". O programa  inclúe un total de 13 actividades gratuítas como roteiros, concertos, actividades acuáticas, catas cos produtos da terra e moito máis .

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Tenente de Alcalde do Concello de Quiroga e concelleiro de Turismo, Vicente Parra e o Presidente da Deputación Provincial, José Tomé Roca, asinaron un acordo de colaboración no que a institución provincial achega unha aportación de 10.000€ para colaborar no programa de dinamización turística para este verán en Quiroga.

Algunha das actividades que se realizaron no mes de xullo foron o Roteiro das fervenzas de Quiroga, Descubrimento de barranquismo en Campodola, o Roteiro Literario, o Roteiro do Ouro de Margaride ou actividades acuáticas en Augasmestas.

A seguinte parada no programa Descubrir Quiroga será o mércores, 31 de xullo cunha actividade para coñecer a arte urbana de Quiroga. Este novo roteiro levará os participantes a coñecer todos os murais cos que conta a vila quiroguesa, o seu remate gozarán dunha cata de viño comentada pola adega Casa de Outeiro na Casa do Estanco e un concerto acústico de Mario Colomán.

Nesta mesma semana o venres, día 2 de agosto, tamén terá lugar o roteiro Coñece os Museos de Quiroga, as rochas que pisamos e os seus sabores: castaña, marmelada e mel. Visitaranse os dous museos locais facendo un percorrido diferente. A actividade finalizará cunha degustación de produtos locais da man de Caurelor.

Os seguintes roteiros celebraranse o 21 de agosto co Descubrimento do barranquismo en Campodola; o 30 de agosto Roteiro da encomenda de Quiroga31 de agosto coa visita a Montefurado, terra de romanos. No mes de setembro, o día 13 novamente barranquismo enCampodola; o 21 Paisaxes sonoros do Val da Seara e finalmente o 28 de setembro o Camiño de inverno á inversa.

As persoas que desexen participar nalgunha destas actividades deberán formalizar a súa inscrición de xeito presencial na Casa da Cultura de Quiroga ou enviando un correo electrónico á seguinte dirección cultura.quiroga.quiroga@eidolocal.es. A hora límite para anotarse será ás 13:00 horas do día anterior a actividade que se desexe realizar.

Tomé Roca sinalou que “dende a Deputación seguimos reforzando un dos elementos que vertebran a nosa liña política, a cooperación cos Concellos”. Nesta liña, o Presidente sinalou que “Quiroga conta cun destacado patrimonio natural, histórico e cultural digno de coñecer, por iso colaboramos co desenvolvemento desta programación que atrae a numerosos visitantes á zona, o que supón un importante revulsivo económico, non só para este municipio, senón tamén para toda a contorna”.

ÚLTIMAS

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...