HomesociedadeO Concello de Sober presentará recurso ante o TSXG polo deslinde con...

O Concello de Sober presentará recurso ante o TSXG polo deslinde con Monforte

O Goberno local vai achegar nova documentación para demostrar que Monforte invade unha parte da parroquia de Neiras

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober decide presentar un recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia fronte á resolución pola que se resolve o expediente de deslinde entre os termos municipais dos Concellos de Sober e Monforte ditada pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes con data de 8 de xullo de 2024.

O alcalde, Luis Fernández Guitián, explicou este mércores que o Goberno local  considera que “temos razón” e que Monforte “invade unha parte da parroquia de Neiras onde está o polígono do Reboredo, polo que se vai interpor recurso con intención de gañar o preito”.

O rexedor compareceu ante os medios acompañado do avogado que se encargará de defender ao Concello de Sober ante o TSXG, Paulo López Porto. O recurso vaise interpor en base a nova documentación da que dispón o Concello de Sober, documentos que o rexedor definiu como “comprometedores” para Monforte.

O conflito polos lindes entre os dous municipios nace no ano 1927 cando se constrúe un aeródromo e se explana a zona do Reboredo. No ano 1935 os veciños de Neiras e Piñeira queren facer plantación de cereal é aí xorde a discusión sobre os límites municipais, segundo explican desde o Concello de Sober.

A día de hoxe existen os dous marcos, pero falta a liña que os unía. O Instituto Xeográfico Nacional trazou en 1935 unha liña recta cando houbo esta desavinza entre os veciños propietarios das fincas. A disesión orixínase polo límite entre eses dous marcos que existen.

Máis adiante, cando se fixo o polígono do Reboredo, Monforte elaborou un plan parcial “e situou esa zona do Reboredo que nós consideramos que colle terreos de Sober. Desde entón fíxose a concentración parcelaria de Piñeira  e o regadío Val de Lemos”, precisou o alcalde.

Ademais, a nivel particular, desapareceron total ou parcialmente fincas de 21 persoas de Sober que deberan seguir tendo. Esta e outra documentación será a que achegue o Concello de Sober para defender que o Concello de Monforte lle usurpou terreos e poder así reclamar os seus dereitos como Concello e o dos particulares afectados.

ÚLTIMAS

DOCE SONS: 12 concertos para 12 causas dinamizando a Comarca Quiroguesa

O 24 de xaneiro comeza un ciclo de 12 concertos anuais (DOCE Sons), un...

O Camiño de Inverno celebra 10 anos de oficialidade e presenta campaña promocional en Fitur

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno, creada no 2018, para poñer en...

O PP de Monforte acusa a Tomé de “anuncios que non se concretan”

A voceira popular, Katy Varela, recorda que en decembro xa advertiran de atrasos e...

O programa Da Escola á Granxa optará ó Premio Aresa 2026

O programa cumpriu en 2025 catro edicións achegando a nenas e nenos de infantil...