HomesociedadeMedio cento de persoas nos Cursos de Pintura para favorecer a socialización...

Medio cento de persoas nos Cursos de Pintura para favorecer a socialización de maiores que organiza o Concello de Chantada

As persoas interesadas en sumarse a estas actividades poden inscribirse desde comezos de setembro nos servizos sociais do Concello de Chantada, para entrar a formar parte dos participantes da vindeira edición.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada a través da concellaría de Servizos Sociais organizou desde febreiro ata xuño cursos de pintura destinados a persoas maiores. As actividades desenvolvéronse no Edificio Multiusos con clases os mércores de pintura o óleo e os venres de pintura en tela, en horario de 16:30h a 19:30h.

Os cursos dos que participan 49 persoas seguirán desde setembro ata decembro, para ao remate realizar unha exposición cos excelentes traballos que realizan as/os participantes co asesoramento das súas monitoras.

O Programa de Pintura, que tivo un paréntese durante a pandemia, retomouse ampliando o tempo de duración, “despois desta etapa tan dura, sobre todo para as/os maiores, decidiuse ofertar a actividade case todo o ano coa intención de reverter a situación de soidade e malestar, converténdose case, en grupos de apoio e unha maneira de volver a socializar e relacionarse. Así nolo trasladaron as persoas participantes, asegurando que a actividade repórtalles importantes beneficios”, sinala o alcalde do Concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

“A pintura xera unha gran satisfacción persoal ademais de innumerables beneficios para a saúde e o benestar. Con este tipo de propostas ponténciase a creatividade, trabállase a imaxinación e mellórase a autoestima, pero principalmente favorece a comunicación xa qua permite compartir tempo con outras persoas, socializar e conversar”, conclúe o rexedor.

Curso de pintura para maiores Chantada / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...