HomesociedadeXornada de convivencia de "Vacacións en Paz" coa Asociación Prodeme de Monforte

Xornada de convivencia de “Vacacións en Paz” coa Asociación Prodeme de Monforte

Esta fin de semana, a asociación PRODEME convidous ás familias acolledoras do programa "Vacacións en Paz" da ONG SOGAPS a gozar dunha bonita xornada de convivencia xunto aos usuarios da asociación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A xornada comezou cunha comida no comedor do centro, onde familias e usuarios compartiron momentos de camaradería e amizade. Posteriormente, a tarde trasladouse á piscina que o propio centro ten dentro das súas instalacións, brindando un espazo de relaxación e diversión para todos os asistentes.

Esta invitación xurdiu grazas á participación de traballadores da asociación e voluntarios, quen tamén forman parte das familias acolledoras do programa.

“Tentamos poñer o noso grao de area para que estes nenos e nenas gocen deste tempo que van pasar en Monforte e tentar que coñezan o mundo da discapacidade tal e como nós coñecémola, algo positivo e do que todo o mundo pode aprender moitas cousas”, destaca Julio Cortiñas, Xerente de Prodeme.

Convivencia Prodeme Sogaps / ML

“O mundo da discapacidade ensínanos a valorar as pequenas cousas da vida e a ser agradecidos polo que temos. Lémbranos que a verdadeira felicidade non reside na perfección, senón na capacidade de gozar e aproveitar cada momento. Estamos inmensamente agradecidos á Asociación PRODEME, por esta fermosa xornada que nos acaba de agasallar e que os  nenos e nenas xamáis esquecerán”, asegura Alberto Pérez, delegado de SOGAPS.

Esta xornada non só fomentou a integración e o entendemento, tamén creou recordos inesquecibles e valiosos ensinos para todos os participantes.

Convivencia Prodeme Sogaps / ML

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...