HomesociedadeA festa castrexo-romana ‘Qui-Roma’ celebra a súa IX edición

A festa castrexo-romana ‘Qui-Roma’ celebra a súa IX edición

Quiroga prepárase para unha intensa xornada chea de actividades e de espectáculos que recrean o pasado romano. Será este sábado 17 de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Superadas as Festas Patronais, a vila de Quiroga encara outra celebración que se consolida no calendario na segunda quincena de agosto. Trátase do ‘Qui-Roma’, unha celebración na que se exalta o mundo romano con ambientación e unha chea de actividades de lecer e de recreacións nas que non faltarán as máis exitosas de cada ano como os desfiles e a loita de gladiadores no anfiteatro da Praza do Auditorio Municipal.

Recreación protección lexión romana. Foto: XMF
PROGRAMA

Pola mañá haberá unha ruta de cabalos a primeira hora, e ás 11:00 h. apertura do Mercado Qui-Romano na Rúa Real. A Praza do Auditorio, que será o escenario principal, acollerá tamén pola maña actividades creativas para os pequenos e pequenas podendo elaborar xoias, escudos e espadas. Para eles tamén haberá inchables de balde.

Como actividades divulgativas ofreceranse visitas guiadas aos Museos Xeolóxico e Etnográfico, dándolle un enfoque nos dous casos á cultura castrexo-romana.

Ás 11:30 h. haberá un primeiro desfile da ‘Guardia Romana Lucus Equites pola Rúa Real, con remate e demostración na Praza Rúa Lago; e a partir das 12 horas a Batucada de Xoglares de Lemos amenizará a sesión vermú. Para os máis pequenos haberá paseos en Poni dende as 11:30 h.

Xa pola tarde, exposición dos bois do quirogués Mario Nogueira, e outras actividades de lecer e entretemento na Praza Rúa Lago como: escola de gladiadores para nenos e nenas, bingo romano, espectáculo de malabares con lume. Ás 19:00 h. un segundo desfile romano ambientará a rúa Real e ás 20:30 h. terá lugar o Gran Desfile Qui-Romano Arde Loucos. Este último terá como saída a Casa da Cultura e descorrerá pola Rúa Real ata a Praza do Auditorio desfilando a Guardia Romana Lucus Equites, os bois de Mario Nogueira e todos/as aqueles que queiran formar parte da comitiva.

Loita de Gladiadores no anfiteatro. Foto: Qui-Roma.

Pola noite, ás 21:00 h. chegará o esperado espectáculo de recreación de loita de Gladiadores Qui-Romanos con Castrexos no anfiteatro da Praza do Auditorio. Ás 21:30 h. farase a cea popular con venda de tiques no Chapakuña 3 de Quiroga. A ambientación musical correrá a cargo do DJ Adri.

Como fin de festa está programado ás 23:00 h. un concerto a cargo do grupo de versións dos 80-90 Dinosaurios, de Monforte de Lemos, e a partir das 00:30 h. música coa discoteca móbil EME Music.

Organiza o evento o Concello de Quiroga en colaboración coa asociación Qui-Roma.

ÚLTIMAS

Danse a coñecer os premiados do ‘I Certame de Relatos Manuscritos Peruchela Edicións’

Tras a convocatoria, meses atrás, do I Certame de Relatos Manuscritos Peruchela Edicións, 30...

Máis prazas e máis días de actividade no Programa Activa de Monforte que este 11 de setembro abre prazo de inscrición

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola primeira Tenente de Alcalde de...

Despois de 5 concertos péchase con éxito o VI Fest Clásico Ribeira Sacra

Un dos grandes retos do Festival, con sede nos Peares, é reunir a grandes...

A ANPA da Gándara de Monforte denuncia o abandono do parque de xogos

No desenvolmento das súas funcións, a ANPA, dá a coñecer públicamente as deficiencias deste...