HomesociedadeÉxito das rutas fluviais pola Ribeira Sacra

Éxito das rutas fluviais pola Ribeira Sacra

As persoas interesadas en participar nalgunha destas rutas poden adquirir os seus billetes a través da páxina web da Deputación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O deputado de Promoción Económica e Social destaca o éxito que están a ter as rutas fluviais pola Ribeira Sacra. “Durante esta ponte, as reservas para a Ruta Fluvial Canón do Sil están practicamente esgotadas, mentres que para a Ruta Fluvial do Cabo do Mundo só quedan dispoñibles as últimas prazas”, subliñou Pablo Rivera.

Máis de 21.000 persoas desfrutaron destas viaxes por un enclave natural único como é a Ribeira Sacra. Engadiu ademais, “que xa se rexistraron máis de 10.500 reservas ata decembro, o que confirma as boas previsións deste servizo turístico”.

Este programa enmárcase na estratexia da Deputación de Lugo de promover un turismo sostible e de calidade, centrado en experiencias únicas e respectuosas co medio ambiente.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...