HomesociedadeVilaster, a aldea de Quiroga que comeza as festas cun concurso de...

Vilaster, a aldea de Quiroga que comeza as festas cun concurso de tortillas

Esta poboación do Concello de Quiroga celebra as súas festas na honra da 'Nosa Señora da O' do 16 ao 18 agosto.

Publicado o

- Advertisement -

Hai xeitos e xeitos de comezar o programa de festas pero na aldea de Vilaster, no sur do Concello de Quiroga, decidiron hai uns anos facer un concurso de tortillas para seguidamente, coñecidos os gañadores e gañadoras, dar conta delas nunha pancetada popular.

A edición deste ano,celebrada este venres 16 de agosto, estivo moi competida e presentáronse un total de 11 tortillas e xa se coñecen as persoas premiadas.

O primeiro premio foi para Charo Mondelo, o segundo para Tere Mondelo (ambas de Vilaster), e o terceiroMiguel Basante (de Carracedelo do Bierzo). Segundo nos explica Pili da Asociación de Veciños/as de Vilaster “a tortilla gañadora levaba pataca, cebola e un pouco de pemento verde”.

Tortillas e indicada a gañadora. Foto: Asoc. de Veciños de Vilaster.

A continuación do veredicto, as tortillas formaron parte do acompañamento á panceta que se cociñou para os presentes a carón da Igrexa.

Pancetada e degustación de tortillas. Foto: Asoc. Veciños de Vilaster.
PROGRAMA PARA 17 E 18 DE AGOSTO

Este 17 de agosto ás 14:00 h. terá lugar a procesión e Santa Misa na honra da “Nosa Señora da 0” e seguidamente sesión vermú e baile.

A partir das 19:00 h. baile amenizado poa Ana Angueira, e para rematar, dende a 1:00 h. actuación da Nova Orquestra de Vilaster e chocolatada.

Para o domingo 18 procesión ás 12:30 h. e Santa Misa na honra á “Nosa Señora da O” e, en palabras da comisión de festas, “sesión vermú para valentes”.

ÚLTIMAS

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...