HomesociedadeVIII Concentración Moteira A Curuxa na Comarca de Quiroga e San Xoán...

VIII Concentración Moteira A Curuxa na Comarca de Quiroga e San Xoán de Río

Está organizada polo Moto Club A Curuxa, colectivo que integra afeccionados ás motos de Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil, e desenvólvese entre os días 23 e 25 de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As motos roxen con forza esta fin de semana na Comarca de Quiroga e San Xoán de Río grazas á convocatoria do Moto Club A Curuxa para a celebración da súa VIII Concentración Moteira, xa bautizada pola organización como “a do rexurdimento”.

Este venres 23 de agosto, para abrir boca, xa se programaron actividades a partir da recepción de moteiros e moteiras ás 18:00 h. Ás 21:00 h. comezou unha ruta nocturna e ás 00:00 h. haberá unha pancetada e concerto do grupo sarriano Sound Sisters na Praza do Concello de Ribas de Sil. Como remate de xornada, queimada e DJ Míchel para animar o ambiente.

Motos nunha das concentracións anteriores. Foto: Fotokasko.
SÁBADO 24

Despois do almorzo, ás 11:00 h. está programada unha ruta mototurística pola Serra do Courel e á volta, sobre as 14:00 h. o xantar de grupo será no Restaurante Las Vegas de San Clodio. Ás 18:00 h. actividades para nenos e nenas e ás 20:00 h. concerto do grupo de moda na Comarca de Quiroga este verán: Mario Colomán & The Clocks Band.

ÁS 21:00 h. cea tamén en Las Vegas, como previo ao gran espectáculo do motorista Emilio Zamora (Stunt Show). E como remate da xornada, concerto do grupo de rock ourensán En Mala Hora ás 00:00 h. e a mellor selección musical para animar a madrugada con Dani Daniel DJ.

DOMINGO 25

A xornada dominical que pon fin á concentración moteira ten ao Concello de San Xoán de Río como protagonista. Está prevista unha Ruta de Xeomiradoiros ás 11:00 h. con saída dende a Praza Pedro Fernández do concello ourensán. E sobre as 14:00 h. haberá uns pinchos para os participantes con sorteo de agasallos e música a cargo do grupo tradicional O Recanto de Quiroga.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...