HomesociedadeTriacastela conta cunha oficina de atención ao peregrino no baixo da Casa...

Triacastela conta cunha oficina de atención ao peregrino no baixo da Casa Consistorial

O servizo prestarase durante o verán e ata que remate o mes de outubro en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas de luns a venres.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Triacastela conta desde primeiros de agosto cunha oficina de información ao peregrino que atende María Elena López desde o baixo da Casa Consistorial.

Ademais de ofrecer información turística e recomendacións aos camiñantes, na oficina tamén se sela a credencial e poden consultar folletos e material divulgativo sobre o pobo e sobre o Camiño Francés.

Tamén se lle fai unha enquisa de satisfacción aos e ás camiñantes para coñecer a súa opinión sobre a ruta xacobea e sobre os lugares, servizos e establecementos que visitan.

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...