HomesociedadeConcentración diante da sede do C.R.D.O.R.S. este 6 de setembro demandando a...

Concentración diante da sede do C.R.D.O.R.S. este 6 de setembro demandando a recollida de uva a prezos xustos na Ribeira Sacra

Este xoves pola mañá a Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), Isabel Vilalba, e o Secretario de Coordinación Sectorial de UUAA, Félix Porto, fixeron unha análise da situación actual da Denominación de Orixe (DO) Ribeira Sacra e anunciaron unha mobilización conxunta que terá lugar o venres 6 de setembro diante da sede do Consello Regulador en Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Isabel Vilalba explicaba que a situación no sector do viño non é algo puntual que non se vira vir, a caída no consumo de viños tintos en toda Europa vense constatando nos últimos anos, “e ademais no caso da Ribeira Sacra xa hai uns stocks que se veñen arrastrando dende a pandemia da COVID”.

“É un momento moi complicado, que pode ser dramático para unha comarca na que o mantemento da viticultura ten un impacto directo no tecido económico e social”, por iso aseguran que convocan a mobilización do día 6 con UUAA, “parécenos fundamental dar unha resposta inmediata”.

A este respecto aseguran que desde abril mantiveron comunicacións coa Conselleira do Medio Rural e co Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, ata que coñeceron “a chegada de cartas ás persoas viticultoras confirmándolles a non recollida da uva”.

“Case estamos á porta da vendima e segue sen haber medidas anunciadas, non entendemos por que a Consellaría non pon medidas enriba da mesa. Tanto o ano pasado como este anunciou destilación de crise pero non habilitou orzamento, tampouco explicou por que non se optou por unha poda en verde. O 12 de agosto a Conselleira anunciounos que se ían tomar accións na semana seguinte, sen que finalmente se producira tampouco ningún movemento”, explica a Secretaria Xeral do SLG-CCLL.

Lembran que a posibilidade dunha non recollida na Ribeira Sacra é un problema moi grave que afecta a centos de produtores e produtoras e que pon en risco tanto o actual tecido produtivo como o relevo xeracional. Amosan tamén as¡ súa preocupación por como pode afectar a situación actual á vindeira campaña.

“Demandamos á Xunta de Galicia que sexa habilitado un orzamento de crise para apoiar ás persoas viticultoras e ás adegas, optando paralelamente por aquelas medidas que liberen ou reduzan os stocks, pero sempre co compromiso de recollida da uva e mantemento dos prezos”, concreta Isabel Vilalba. “Precisamos un plan integral adaptado ás estratexias de consumo e a este momento de crise, pero tamén con visión de futuro. A Consellería debería convocar unha mesa de traballo para poder deseñar unha estratexia que aborde o sector no seu conxunto”.

A proposta de actuacións dos sindicatos convocantes é a seguinte:

  • Grarantía de recollida de uva e prezo
  • Orzamento de crise
  • Limitar plantacións
  • Campaña de promoción importante diferenciando á DO Ribeira Sacra
  • Mapa claro que permita coñecer con certeza os límites da DO
  • Estudio de custes da produción de uva na Ribeira Sacra
  • Estratexias de adaptación a novos hábitos de consumo

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...