HomesociedadeEncontro Federación de asociacións da Ribeira Sacra o 31 de agosto no...

Encontro Federación de asociacións da Ribeira Sacra o 31 de agosto no Ecomuseo de Arxeriz

A Federación de asociacións da Ribeira Sacra celebra este sábado 31 de agosto o seu encontro de asociacións, aberto a todas as persoas que desexen participar e coñecer os retos e problemáticas deste territorio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O día 31 de agosto desde as 11:00 horas darase a benvida ás persoas asistentes e enfocaranse diversas temáticas como o patrimonio, a realidade Ribeira Sacra, as experiencias doutras Federacións ou a problemática no ensino primario e no sector vitícola.

O sector primario e, nomeadamente, a crise que atravesa a viticultura na DO Ribeira Sacra será enfocada polos sindicatos SLG e UUAA, representados por Ana María Rodríguez Vázquez e Miguel Ángel Francés López. Igualmente, os recortes no ensino primario, especialmente destacados en Sober ou A Pobra do Brollón, terán o seu espazo coa presenza das ANPAS dos colexios afectados na provincia de Lugo.

O asociacionismo e o funcionamento das federacións estarán enfocadas pola Federación de Federación estatal, a Agrupación Miño de Ourense e as federacións de Valencia e Valladolid.

O territorio e o patrimonio, material e inmaterial froito dunha paisaxe humanizada ao longo dos séculos, enfocarase desde a Federación de asociacións da Ribeira Sacra e desde o Ecomuseo Pazo de Arxeriz, espazo no que se desenvolverá a xornada e que contará cunha visita guiada antes de xantar.

A xornada de convivio contará cun xantar popular ás 14 horas e música e danza pola tarde con venda de produtos artesáns e para rematar cunha queimada. Violeta e Daritja porán a danza fusionando tradición e modernidade e a agrupación tradicional, Son de Lugh, engadirá a nota musical do evento.

O encontro está organizado pola Federación de asociacións da Ribeira Sacra coa colaboración do Ecomuseo de Arxeriz e da Deputación de Lugo (programa Tradigalu).

ÚLTIMAS

A ‘Romaría da Ermida’ xa é Ben de Interese Cultural

A nova de declarar Ben de Interese Cutural á 'Romaría da Ermida' chega no...

Queres participar nunha curta que se rodará do 22 ao 27 de setembro en Rosende?

La Plantación. Encuentros y Conocimiento organiza do 20 ao 29 de setembro un obradoiro...

A CIG Saúde reclama a apertura inmediata da Planta de Medicina Interna no Hospital de Monforte

A CIG Saúde asegura que a suspensión dos quirófanos débese á falta de cama...

​O monfortino Lucas Pavón Sanmartín, subcampión de España de pesca

O Club Pesca Río Cabe vén de colleitar un gran éxito nacional e reafirma...