HomesociedadeJosé Tomé e o tenente Fernando Cortés da Brilat analizan a “Operación...

José Tomé e o tenente Fernando Cortés da Brilat analizan a “Operación Centinela Gallego”

O despregue da Brilat prodúcese a finais de agosto e no mes de setembro, debido a que é a época na que o risco de incendios é maior

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibiu esta semana ó tenente de infantería da Brilat, Fernando Cortés Fernández, para departir sobre o traballo que o Exercito de España está a desenvolver na prevención de posibles incendios nos montes do sur da provincia de Lugo, a través da chamadaOperación Centinela Gallego”.

O mandatario monfortino e o tenente analizaron o desenvolvemento do operativo contra incendios durante as primeiras semanas dende o inicio do dispositivo, que comezou o 15 de agosto, salientado a ausencia de incidencias destacables.

José Tomé puxo en valor e agradeceu á Brilat “o traballo de prevención e vixiancia que levan a cabo contra os incendios no sur de Lugo e tamén no resto da provincia, unha labor inestimable que ofrece o exército á nosa sociedade”. Neste senso é o segundo ano consecutivo que se desenvolve este operativo no sur da provincia de Lugo. O alcalde resaltou tamén “a importancia da presencia dos militares da Brilat, que é disuasoria para os posibles incendiarios”.

A operación Centinela Gallego mobilizou á provincia de Lugo catro patrullas compostas por persoal da Brigada Galicia VII, que operan nos montes dos concellos de Monforte de Lemos, Quiroga, A Pobra do Brollón, Sober e Ribas de Sil, todos eles pertencentes ó Distrito Forestal VIII de Terras de Lemos.

O alcalde tamén salientou que ambas entidades se comprometeron a estudar fórmulas de colaboración para que no futuro este tipo de operacións teñan base no Concello de Monforte de Lemos, aspecto que José Tomé abordará con responsables da Brilat no que se refire a operativos desta índole.

Reunión Tomé – Brilat / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...

Quiroga celebra o San Martiño con actos culturais, magosto e música

Dúas grandes actividades culturais centraranse na fin de semana previa a esta celebración. O...

O prestixioso xornalista Andrew Neather visitará a D.O. Ribeira Sacra

Andrew Neather foi crítico de viños do Evening Standard de Londres entre 2005 e...

O PP de Quiroga esixe solucións ás deficiencias no servizo de telefonía móbil e conexión a internet

Dende o Partido Popular lembran que tralos devastadores incendios do pasado verán non só...