HomesociedadeA ANPA do CEIP Plurilingüe de Sober mobilízase este 6 de setembro

A ANPA do CEIP Plurilingüe de Sober mobilízase este 6 de setembro

A ANPA dirixiuse á Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Formación Profesional e Universidades, denunciando a situación á que se enfrontan para este novo curso.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende a ANPA do CEIP Plurilingüe de Sober manifestan a súa repulsa aos “brutais recortes” que está levando a cabo a Consellería de Educación de cara ao vindeiro curso 2024/2025, “un atentado contra o dereito á educación no rural dos nosos fillos, catalogándoos xa como cidadáns de segunda categoría”.

“O incumprimento da baixada das rateos é totalmente incompatible coa redución das horas de atención educativa dos mestres e mestras nos centros rurais, REQUERIMOS que ante a redución de horas se poñan a disposición do noso centro todos os medios necesarios para a correcta atención dos nosos fillos e fillas emendando así as terribles inxustizas, situación de abandono e desigualdade que levamos sufrindo os últimos anos”, denuncian desde a ANPA.

Aseguran que as familias están detectando grandes carencias na atención das necesidades educativas, posto que, tanto a orientadora como o persoal de pedagoxía terapéutica está compartido con outros centros. “Estes mestres non poden prestar unha debida atención aos nosos nenos e nenas debido ás poucas horas que pasan no centro, ademais do uso indebido, obrigado polas circunstancias, que se fai destes especialistas”.

A ANPA denuncia que as reiteradas negativas da Consellería de Educación de dotar aos centros rurais dun Plan Específico, menoscaban gravemente a educación, futuro e oportunidades do alumnado, únicamente polo feito de vivir nun entorno rural. E esixen a creación do Plan Específico que teña en conta as particularidades dos centros no rural.

Para dar a coñecer esta situación de inxustiza ante a sociedade inician un período de mobilizacións, protestas e presenza nos medios de comunicación. A primeira convocatoria é para este venres, 6 de setembro, na Praza do Concello de Sober ás 20:00h. 

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...