HomesociedadeSatisfacción tras o I Encontro de Asociacións da Ribeira Sacra promovido por...

Satisfacción tras o I Encontro de Asociacións da Ribeira Sacra promovido por FEARS

A cita tivo lugar no Ecomuseo Pazo de Arxeriz para rematar o mes de agosto. Desde a Federación de Asociacións da Ribeira Sacra (FEARS) están satisfeitos cos resultados e amosan o seu apoio ás mobilizacións pola crise da vendima e contra os recortes educativos, critican o enfoque da candidatura a Patrimonio Mundial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta Directiva da Federación de Asociacións está moi satisfeita co resultado deste primeiro encontro e considera que debe seguir afondando na participación social e o debate sobre os problemas reais da zona, “fronte o modelo da Xunta, que consiste en impor un proceso xa predefinido de candidatura a Patrimonio Mundial que obvia o contexto sociodemográfico deste territorio”.

Os sindicatos agrarios SLG e UUAA, repasaron para os presentes a grave crise desta vendima, “que ten raiceiras estruturais, sen que a Xunta poña riba da mesa medidas axeitadas”. A este respecto, a FEARS apoia a mobilización convocada o venres, 6 de setembro, en Monforte ante o Consello Regulador da DORS.

Tamén asistiron representantes da FAPACEL (ANPAS da provincia de Lugo), con quen houbo coincidencia na necesidade dun plan educativo para o ensino rural e a necesidade de profesorado estable e persoal de apoio suficiente para que as crianzas das comarcas da Ribeira Sacra non perdan dereitos educativos. Dende a FEARS apoian as mobilizacións das ANPAS contra os recortes educativos e a concentración que terá lugar en Sober o venres, 6 de setembro.

I Encontro de Asociacións da Ribeira Sacra / FEARS

Ao encontro asistiron tamén persoas directivas da Federación Miño (asociacións de Ourense), da Federación de Asociacións de Valladolid e da Federación Estatal de Asociacións, que incidiron na importancia da participación veciñal á hora de conseguir servizos e dereitos para as persoas dos barrios e parroquias máis abandonados polas administracións, como é o caso da Ribeira Sacra.

Outros asuntos a debate foron a ameaza de macroeólicos en territorios de importancia ecolóxica, o problema da contaminación das augas, a importancia de aumentar a participación da mocidade no asociacionismo, a necesidade de traballo asociativo específico con enfoque de xénero ou as carencias da atención sanitaria na zona.

A cultura ribeirá como valor, fronte o branqueamento dos encoros

A Federación de Asociacións da Ribeira Sacra aproveitou a visita guiada ao Ecomuseo de Arxeriz para “reivindicar a memoria da cultura ribeirá asolagada polos encoros do franquismo, en contraste co enfoque da candidatura a Patrimonio Mundial, que os ve coma un valor”.

Precisamente, o Ecomuseo de Arxeriz demostra a importancia da investigación e recuperación da riqueza etnográfica da zona. “Semella que o discurso da Xunta sobre o valor da candidatura muda segundo conveña á marca Ribeira Sacra, entendendo o territorio como un obxecto de consumo turístico e non como un espazo onde a cidadanía sexa a protagonista”, conclúen desde FEARS.

I Encontro de Asociacións da Ribeira Sacra / FEARS

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...