HomesociedadeConcentración este 13 de setembro en Lugo para reivindicar máis medidas para...

Concentración este 13 de setembro en Lugo para reivindicar máis medidas para o sector do viño da Ribeira Sacra

O SLG habilita un servizo de buses dende a Ribeira Sacra a Lugo, que realizará o seguinte percorrido: saída ás 10:00hdende o cemiterio de Chantada, 10:15h Rotonda do Polígono de Escairón, 10:20h Ferreira de Pantón (rotonda do cuartel), 10:30h Monforte (gasolineira das fontes).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) mantén a convocatoria de mobilización para este venres, 13 de setembro, ás 11.30h., diante das dependencias da Consellaría do Medio Rural (CMR) en Lugo (Xunta de Galicia, Ronda da Muralla, 70).

A Consellería de Medio Rural acaba de convocar ás organizacións agrarias a unha mesa de traballo para o vindeiro 18 de setembro, cita á que o SLG anuncia que acudirá, pero mantén aínda así a convocatoria de mobilización, “a demora na proposta de xuntanza e a lentitude na vontade de reacción e actuación por parte da Xunta de Galicia segue xustificando que o sector se manteña mobilizado se queremos que da xuntanza do vindeiro mércores saiamos ca solución que precisamos xa para esta vendima”.

Esa solución pasaría, segundo o sindicato pola axuda directa para as viticultoras e viticultores aos que non se lles vai recoller a uva e unha proposta clara de actuación que evite que esta situación, como xa vaticinan as propias adegas da Ribeira Sacra, se repita de novo o vindeiro ano.

Desde o sindicato consideran que as medidas que ten anunciado a Consellería son insuficientes e que se concretarían despois de meses de ter rematado a vendima, polo que coa concentración deste venres demandarán, “que a Consellería de Medio Rural tome medidas realmente efectivas para que os viticultores e viticultoras ás que lles quede a uva sen recoller teñan unha compensación económica que cubra, como mínimo, os custos de produción nos que incorreron durante todo o ano”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...